Corme e XSC a un paso dos títulos de Cadetes e Infantís

Queda só dúas xornadas para o remate das Ligas Comarcais. E a cousa está que ferve. Pero antes de repasalas ligas, saben que Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo, un título necesario para poder adestrar categorías base a partir da tempada 2015/16.
O Corme, preto do título dos Cadetes

Despois do empate da finalísima de hai dúas semanas, Corme e Cabana afrontaban estas últimas xornadas como sendas finais. E foi o Cabana o que non aguantou a presión, e nestas dúas xornadas colleitou un empate en Arliña e unha derrota en Cee, que ademais lle pode custar cara.
Non cederon os cormeláns na súa visita a Muxía esta semana e vencían cun apretado 1-2 e case que celebraban o título (o pase á Fase de Ascenso á Liga Galega xa o ten certificado), pois xa sacan 6 puntos pero o golaverage individual en contra, polo que un empate esta semana en casa ante o Cee lle daría o título.
Será este un partido importante pois aínda está aberta a loita pola outra praza que dá acceso á Fase de Ascenso. O Cee necesita gañar en Corme e esperar que non o faga o Cabana ante o Fisterra, o 4º clasificado, xa con poucas opcións de meterse, pero con gañas de deixar claro que está entre os mellores. Así que será esta unha xornada no cumio co doble enfrontamento 1º-3º e 2º-4º, co título e a 2ª praza en xogo.
Loita aberta na 1ª Infantil

En Infantís hai só unha praza en xogo, a do título é a única que dá acceso á Fase de Ascenso, a pesar das eternas peticións do fútbol costeiro por amplialas. O que mellor o ten é o XSC, o equipode Rupper que mesmo goleaba aos Miúdos, 3º clasificado, e saca 5 puntos ao Fisterra. Pero ten un partido máis e lle toca descansar esta fin de semana aos xalleiros, polo que o Fisterra, se vence esta semana ao Outes, colocarase a 2 do líder, deixando todo para unha fraticida derradeira xornada.
Unha xornada, a do 15 de marzo, na que o XSC visitará a un dos de abaixo, o Vimianzo, sen nada en xogo, tendo que gañar pois non lle valería o empate ao ter o golaverage individual perdido cos fisterráns. Uns fisterráns que terían que gañar si ou si á Esteirana se queren soñar co título.
En todo caso, os números de XSC e Fisterra son merecedores dunha fase de ascenso, pois rondar os 100 goles a favor e recibir menos de 30 en 23 partidos, é un bo balance.
1ª Cadete, xornada 24
Esteirana | 4-1 | Sofán |
Cee | 3-1 | Cabana |
Baio | 2-1 | As Baleas |
Muxía | 1-2 | Corme |
Fisterra | 6-1 | Os Miudos |
Ponteceso | 1-1 | Coristanco |
- Descansa Outes.
1ª Infantil, xornada 24
Vimianzo | 1-4 | Zas |
Cee | 1-1 | Ponteceso |
Xallas StComba | 11-0 | Os Miudos |
Cabana | 3-5 | Fisterra |
Outes | 7-0 | Corme |
Sofán | 1-2 | Coristanco |
- Descansa Esteirana.
Novas relacionadas
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
- X.22: Corme e Cabana manteñen a pelexa na 1ª Cadete e o XSC escapa nos Infantís.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).