Venres. 26.04.2024
El tiempo

Máis de 1.500 siareiros xa teñen a APP do Fútbol da Costa

Máis de 1.500 siareiros xa teñen a APP do Fútbol da Costa

Mentres os amigos da empresa santiaguesa Tesla Techonologies continúan traballando nas melloras da APP “Futbol da Costa”, xa son máis de 1.500 os siareiros do fútbol costeiro que seguen os partidos en tempo real os partidos das Ligas da Costa.

Ata 13 ligas temos xa inseridas na plataforma www.futboldacosta.com e na APP, que xa podedes descargar para iPhone e para Android.

Máis androides que mazás

Ollando as estatísticas notamos que na bisbarra non consumimos tantas mazás. I é que das máis de 1500 descargas da APP, unhas 1100 chegan dende Android, e unhas 400 dende Apple.

Vemos tamén que ademais de España, a aplicación tense descargado unhas cantas veces por Suiza, por Estados Unidos, e mesmo por Japón, Vietnam ou Brasil.


Descarga a APP

Patrocinadores

Temos que agradecer, ademais de á empresa creadora da APP, Tesla Techonologies, aos patrocinadores deste curso do Fútbol da Costa. Este ano teremos a Senra Sport patrocinando a Preferente; a Clínica Vértebra patrocinando a 1ª; ES Bazarrapatrocinando a 2ª; a Clínica Xunqueira a 3ª Autonómica; Máis Deporte patrocinando os Xuvenís e Aluminios Dumbría patrocinando as Ligas Galegas.

Máis información

Fonte

Comentarios