Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O 1 de maio, cheo de Fútbol na Costa

O 1 de maio, cheo de Fútbol na Costa
Hoxe Ponte do primeiro de maio, Día do Traballador, tivemos moito fútbol por disfrutar. Na Copa da Costa, tivemos a volta dos Dezaseisavos nos maiores, a volta dos Cuartos en Xuvenís e a finalísima da I Copa da Costa Cadete na que o Fisterra levantaba o Trofeo de Campión tras vencer por 3-0 o Coristanco, na prevía podedes ver todos os horarios e encontros que se disputarán Sábado e Domingo desta ponte para algúns.

A xornada copeira de hoxe viña ven cargada de fútbol e de moitos goles sobre todo no Esteirana - Volantes no que empataban a 4 e servíalles os de Felipe Candamo para pasar a seguinte fase e enfrontarse o Zas de Ivan Cancela en oitavos de final. Mentras o Outes solventaba a eliminatoria vencendo novamente por 3-0 o Corcubión que se despide así da Copa, o Cee vencía na casa a un Porteño que pensa mais na liga que na Copa. O que tería que loitar o maximo para pasar a oitavos ese foi o Fisterra onde o Cerqueda puxolles as cousas moi moi complicadas, xa que o encontro terminou novamente a 0 e isto facía que terían que ir a prorroga rematando este tempo engadido tamén a 0, na tanda de penaltis levariase a eliminatoria o Fisterra. O Carnota tamén complicarialles as cousas o Malpica que se clasificaría gracias o gol que traían de vantaxe do encontro de ida, o Dumbría desfaciase do San Lorenzo na casa por 3-1 e o Baio vencía o Mazaricos cun marcador axustado como no partido de ida pero esto servirialle para pasar a oitavos e enfrontarse o Ponteceso que vencía na mañá de hoxe o Coristanco por 2-5.

Mentras tanto o Cabana complicarialle moitisimo as cousas o Soneira que se clasificaría polo valor dos goles fora da casa tras empatar a 1 en Vimianzo, pero esto vale para que se enfronten o Corme en oitavos, que hoxe desfaciase do Baiñas nun encontro trepidadente e con moitos goles. O XSC facía o propio e vencia o Muxia por 2-3 e que agora terá que enfrontarse o Ameixenda en Oitavos que vencía o Lira por 4 tantos a un en carnota, nun partido moi bó dos homes de Sieso. O Sofán empataba o encontro a dous en Muros e sirvelle para poñerse na seguinte ronda. Mentras no último encontro da xornada o Buño volvía a vencer o Camariñas e daba outra das sorpresas da tarde, xa que antes a dese o Volantes de Baño eliminando a toda unha Esteirana. En Xuvenís , tíñamos os enfrontamentos de Cuartos de Final onde o Dumbría clasificariase na tarde de onte tras apear o Outes vencendo por 2-0, na mañá de hoxe a Esteirana vencía na casa do Cabana por 1-4, onde a nota negativa foi un choque entre o porteiro da Esteirana Manu e o dianteiro Manu que sería o que levaría a peor parte xa que tiña que ser operado esta tarde do Bazo, según fontes do club a operación foi exitosa e agora a esperar a evolución e a pronta recuperación. Noutro dos encontros desputados esta mañá o Corme vencía o Fisterra por 4-2 e queda fora das semifinais, e no último encontro dos xuvenís o Muros apeaba o Cee da competición tras vencer en Cee por 0-2 e empatar hoxe en Muros a 2, onde tamén teríamos unha mala noticia, xa que o xogador local Mancebo rompería o peroné e terá que ser intervido quirurxicamente. Esperamos que teña unha boa e pronta recuperación. Na cita da xornada nos encontrabamos ca gran final da I Copa da Costa Cadete, cun Fisterra-Coristanco, na que un Fisterra moi superior vencía por 3-0 e levaríase a 1ª edición da Copa da Costa Cadete. Unha Final que moitas familias en ambas directivas criticaban que se celebrase hoxe, xa que moitos pais están fora e mañá non facían ponte, unha final que se esperaba por todos que fose o sábado e sí poder disfrutala todos, a federación está a ter moi pouca visión de estas cousas, sobre todo o que se refire o futbol da Costa. Para rematar a xornada o Dumbría cadete de División de Honra non pasaba do empate a 1 fronte o Pontevedra e con este puntiño sentencia a súa permanencia na División de Honra Cadete un ano mais, mentras na Liga Galega Infantil os Dumbrieses conseguirian unha importantisima vitoria en Lugo por 1-2 tras un encontro moi bó dos homes de Pablo Conde, mentras o XSC caía derrotado por 0-2 fronte o Val do Ulla.

Copa da Costa de Veteranos, ida da previa

Horarios Actualizados 
  • Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios