Os mellores do mundo celebran os 10 anos do Open Internacional de Pesca Río Xallas

Ducias de pescadores de todo o mundo pasarán uns días na Costa da Morte para participar no X Open Internacional Río Xallas. Unha das citas máis esperadas do ano, organizada polo Club Salmo coa colaboración do Concello de Dumbría, que se celebrará os 13 e 14 de abril.

A proba celebrarase no Coto de Xallas-Beba, no treito de río entre o encoro da Fervenza e a esembocadura do río Beba, coto destacado por ser un dos poucos regulados para a práctica de pesca sen morte.

O Open contarán cos deportistas máis destacados do panorama internacional, como o tricampión do mundo e actual campión galego Davir Arcay, os bicampións mundiais Jordi Oliveras, Iván Vergé e Pablo Caro, ou o tamén campión mundial e actual campión de España Francisco Llamas. Participarán parte da Selección Española que lorgou a medalla de bronce no campionato do mundo de Eslovaquia 2017.

O Xallas, referencia internacional

Un río que xa albergou en 2016 nada mens que un Campionato d Omundo de Salmónidos, e que este ano volverá acoller outra proba importante: O Campionato de España Xuvenil.

Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Club Salmo.