Os piragüistas de Dumbría queren seguir coa liña da proba do Xallas en Monforte

O CDM Piragüismo Dumbría acude esta fin de semana a Monforte para competir nos Campionatos Galegos de Slalom Olímpico nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil, onde partirá coma a equipa a batir nestes campeonatos.

Os dumbrieses aspiran a revalidar os excelentes resultados obtidos na Copa Xunta de Galicia na que o clube da Costa da Morte era o anfitrión, e onde ademáis de obter olgadamente o triunfo na competición por clubes, por diante do CDM Teixugos de Goián e do Clube Quixos de Monforte, aínda obtiveron a título individual 7 medallas, nas que destacaban as vitorias de Iago Canosa no K1 Infantil Masculino, e a de Kiara Martinez no K1 Alvevín Femenino.
Ademais aínda conseguiron 3 medallas de plata máis, para Andrea Souto, Lorena Costa e o própio Iago Canosa en canoa, e dous bronces máis para Brais Perez e Carmen Antelo.

Agora toca asaltar Monforte para seguir crecendo.

Novas relacionadas

Máis novas sobra o CDM Dumbría

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría.