![cartel campionato galego corcubion]()
O Clube Marítimo Carrumeiro e a Escola de Vela Cataventos organizarán dende o venres 26 ata o domingo 28 de agosto, o Campionato Galego Clase 420, unha clase de carácter preolímpica con embarcacións de dous tripulantes.
Participarán arredor de vinte embarcacións pertencentes a diferentes clubes do noso país. Por parte do Carrumeiro, competirán dúas embarcacións, unha feminina e outra masculina. Por parte feminina, participarán Alba Trillo e Maruxa Cernadas. No que se refire á participación masculina, estará abanderada por Alex Romanos e Francisco Canosa.
Programa
O Campionato comezará o venres 26 de agosto. Dende as 10:00h procederase á apertura da oficina, o rexistro de participantes e a entrega das normas a seguir. Ás 11:30h reuniranse os adestradores para, xa dende as 13:00h desenvolverse a primeira proba da xornada.
O sábado 27 de agosto celebrarase a proba correspondente dende as 11:00h.
E xa o domingo, e logo da proba das 11:00h, procederase á clausura e a entrega de premios.
A organización conta co apoio do Concello de Cee e o Concello de Corcubión.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa de Clube Marítimo Carrumeiro.