Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría quinto en Ecija e abre a escola de verán en Vimianzo

O CDM Piragüismo Dumbría quinto en Ecija e abre a escola de verán en Vimianzo

O CDM Piragüismo Dumbría regresou de Ecija, en Sevilla, cun espectacular 5º posto na xeral por clubes na primeira competición da Copa de España de Xoves Promesas de Slalom. Un gran resultado acadado a pesar de que o desenvolvemtno individual non foi todo o ben que podería ser en gran parte debido as condicións nas que se celebrou a competición.

O C2 infantil formado por Iago Canosa e Xabier Trigo foi a única embarcación dumbriesa que logrou subíu o podium, cun 3º posto na súa categoría, despois de saír a asegurar na segunda manga.
O mesmo lle pasóu a Iago Canosa e Martín Quintáns, que tiñan serias opcións de medalla a nivel individual, pero despois dunha boa primeira manga, o aumento de caudal repentino no río fixo que a competición se volvese ainda máis dificultosa do que estaba, co que os volcos e as penalizacións foron moitísimo máis habituais do normal, Nestas condicións os nosos palistas optaron por conservar o que xa tiñan na primeira manga. Ademáis Ramón Lado fixo unha boa competición optendo un máis que meritorio 8º posto.

Escola Municipal de Piragüismo en Vimianzo

Por outro lado, o CDM Piragüismo Dumbría vai por en marcha nos vindeiros días unha escola de piragüismo en Vimianzo, en colaboración co concello de esa localidade e dentro do Programa Deportivo estival. Así que anima a todos aqueles pais que estean interesados en que os seus fillos e fillas descubran o Piragüismo en Augas Bravas se poñan en contacto co concello para participar este verán nas actividades que se celebrarán na vila soneirán. Aínda hai prazas, pero estas son limitadas, polo que é importante apuntarse o antes posible.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría, da man de Quique Portela.

Comentarios