Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría triunfa e crece na augas do Xallas

O Piragüismo Dumbría triunfa e crece na augas do Xallas
O pasado sábado 20 de agosto, desputouse en Dumbría no río Xallas, no tramo situado a continuación da presa da Fervenza, o Campionato Galego de promoción de Slalom. Os resultados para o clube local foron un éxito. O piragüismo Dumbría acadou o primeiro posto por equipos, así coma 6 medallas repartidas nas seguintes categorías: k1 benxamín masculino, k2 benxamín feminino, k1 alevín masculino, k2 alevín feminino, k1 infantil masculino, k1 infantil feminino, c1 infantil masculino e c1 infantil feminino. No referente a organización, toda a competición desenvolveuse con total normalidade destacando os participantes o percorrido e a calidade do río para este deporte.

Alta participación na proba e nas escolas

A participación de deportistas foi de 60 nenos/as, menos que anos anteriores debido a data e por tratarse dun mes complicado para as actividades. Este éxito deportivo do clube local débese en gran parte o número de nenos/as que entraron na entidade este verán. A día de hoxe o piragüismo Dumbría é o que máis participantes acumula nas distintas competicións. Destacar de igual xeito, as facilidades que a Empresa Ferroatlántica ofrece ó clube para ter auga nos adestramentos e nas competicións.

Vindeira proba

O Piragüismo Dumbría compite a fin de semana que vén, en Monforte de Lemos. A próxima competición en Dumbría será o 24 e 25 de setembro.

Novas relacionadas

Máis novas sobra o CDM Dumbría

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría.

Comentarios