Os tiros libres condenan aos equipos do ACB Costa da Morte

Só os cadetes foron quen de sumar vitoria nesta fin de semana mala para a familia do ACB. Así e todo os equipos estiveron no partido ata o último instante e as decisións arbitrias e os fallos dende o tiro libre foron claves para as derrotas.

2ª División Sénior Feminina, 15ª Xornada

  • Resultado: FIXAGAL MARIA PITA - E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE (56-50).
  • Parciais: 21-3; 15-16; 9-11; 11-20 (Acumulado: 21-3; 36-19; 45-30; 56-50)
  • E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Goretti, 2 ptos; Yaiza, 8 ptos(1 tripla); Sandra, 9 ptos (1 tripla); Esther, 7 ptos; Andrea, 2 ptos – quinteto inicial –; Fani, 18 ptos(1 tripla); Lidia, 0 ptos; Iria, 4ptos.

Partido no que casi consiguen dar a sorpresa as chicas de Cee ante un dos equipos fortes desta liga.

Para esquecer o 1º cuarto, cun desacerto en ataque altísimo e unha defensa máis débil da amosada nos últimos partidos. No segundo cuarto cambiou de decoración, cunha mellor defensa, conseguindo deter o ataque das coruñesas e tendo un poico máis de acerto e fortuna no tiro. As diferencias rondaban os 20-25 puntos no 3º cuarto pero o final deste volveron a reducir a ventaxa das coruñesas a 15 puntos. Quedaban 10 minutos por diante para o remate do encontro, e o equipo de Cee recuperou o seu nivel en defensa de partidos anteriores, o cal dáballe a posibilidade de facer contraataques que fixeron que, a falta de 50 segundos para o remate do encontro, cunha tripla de Yaiza se puxeran a tan só 3 puntos do equipo de Coruña. Nese momento sinaláronse un par de faltas a favor das coruñesas que lle deron tiros libres e manter esa diferencia de 6 puntos que lle deron a vitoria.

3ª División Sénior Masculina, 16ª Xornada

  • Resultado: FONTIÑAS - COSTA DA MORTE (69-52).
  • Parciais: 14-12; 17-10; 21-16; 17-14 (Acumulado: 14-12; 31-22; 52-38; 69-52)
  • ACB COSTA DA MORTE: Iván, 9 ptos; Deril, 6 ptos; Fabián, 3 ptos; Manuel, 5 ptos; Tinín, 13 ptos – quinteto inicial - ; José, 8 ptos; Sergio, 0 ptos; Andrés, 8 ptos (1tripla).

Mal inicio de cuarto cun parcial de 12-0, parecía que o partido xa se acaba tan só empezar. Pero os xogadores de Cee foron capaces de ir sumando puntos para acabar o cuarto tan só dous puntos abaixo. Durante o 2º cuarto foron quen de rematar e poñerse por diante para no final do cuarto virse un pouco abaixo e acabar chegando o descanso 9 puntos por detrás no marcador.

Os dous equipos entraban en bonus moi rapidamente nesta primeira parte, pero na segunda a cousa cambiou: os de Cee no 3º e no 4º cuarto estaban en bonus faltando seis minutos para o remate de cada cuarto, mentres que o equipo de casa non chegaba ata faltar dous minutos. O fallo nos tiros libres axudaron a perder o partido, ó errar 15 de 24.

2ª División Cadete Masculino, 2ª Fase-1ª Xornada

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - COMPAÑIA DE MARIA (63-36).

Primeiro partido da segunda fase e primeira vitoria fácil para o equipo de casa.

Infantil Masculino