3 derrotas e 2 vitorias foron o balance do ACB na fin de semana



5 equipos da familia ACB Costa da Morte xogaban esta pasada fin de semana. Os equipos cadete masculino e feminino, senior feminino e senior masculino desta Asociación Comarcal de Baloncesto Costa da Morte, saltaban á pista colleitando unha vitoria e dúas derrotas.
2ª División Cadete Masculina, xornada 5
- Resultado: Frutas Esther Sant-Yago - ACB Costa da Morte (72-34).
- ACB COSTA DA MORTE: Felipe (6); Adrián (4); Cristian Marcote (7); Pedro (8); Santi (9) - quinteto inicial - Iván; Luciano; Xabier; Dani.
Partido que foi igualado ata o descanso, pero que no terceiro cuarto esfumáronse as opcións de loitar polo triunfo ante un equipo máis rodado, cun rotundo parcial de 24-0.
2ª División Senior Feminina, xornada 6
- Resultado: Area 10 - E.S. Bazarra ACB Costa da Morte (49-23)
- Parciais: 9-4; 12-7; 13-8; 15-4 (Acumulado: 9-4; 21-11; 34-19; 49-23).
- E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Goretti (2); Sandra (8); Esther; Andrea; Melissa (2) -quinteto inicial- Iria; Yaiza (2); Ana; Sabela (2); Fani (5); Lidia (2).
Partido para olvidar das rapazas de Cee, nun pésimo partido. En ningún momento chegaron a dar sensación de querer ir a polo partido, cunha gran cantidade de imprecisións, tanto en ataque como en defensa.
3ª División Senior Masculina, xornada 6
- Resultado: Oso Polar ACB Costa da Morte - Fontiñas (49-37).
- Parciais: 18-4; 8-15; 9-4; 14-14 (Acumulado: 18-4; 26-19; 35-23; 49-37).
- OSO POLAR COSTA DA MORTE : Iván (7); Deril (11); Fabián (7) (1 tripla); Miguel (4); Tinin, (13) -quinteto inicial- José; Manuel (7).
Partido, no que cunha saída no primeiro cuarto moi boa en ataque sacaron unha vantaxe que souperon manter durante todo o partido, traballando moi duro dende a defensa, sobre todo cando no segundo cuarto o equipo tivo uns minutos nos que non era capaz de anotar e o equipo de Santiago recortaba a diferencia.
2ª División masculino Cadete
- Resultado: Frutas Esther Sant-Yago - ACB Costa da Morte (72-34).
2ª División masculino infantil
- Resultados: ACB Costa da Morte - C.B. Arteixo (42-69).
Vindeira xornada
Na pista municipal de Cee:
- Sábado 24:
- 16:00h: Cadete masculino: ACB Costa da Morte - Santo Domingo de Betanzos.
- 18:00h: Infantil feminino: ACB Costa da Morte - Universitario de Ferrol. - Domingo 25:
- 12:00h: Senior feminino: E.S. Bazarra ACBV Costa da Morte - C.B. Sarria.
Máis información
Novas relacionadas
- Xornada para esquecer da familia ACB Costa da Morte.
- Comeza un ano completo de baloncesto para o ACB Costa da Morte.
- As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais.
Fonte
- Nota de prensa do ACB Costa da Morte.