Os tiros libres condenan aos equipos do ACB Costa da Morte
Só os cadetes foron quen de sumar vitoria nesta fin de semana mala para a familia do ACB. Así e todo os equipos estiveron no partido ata o último instante e as decisións arbitrias e os fallos dende o tiro libre foron claves para as derrotas.
2ª División Sénior Feminina, 15ª Xornada
- Resultado: FIXAGAL MARIA PITA - E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE (56-50).
- Parciais: 21-3; 15-16; 9-11; 11-20 (Acumulado: 21-3; 36-19; 45-30; 56-50)
- E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Goretti, 2 ptos; Yaiza, 8 ptos(1 tripla); Sandra, 9 ptos (1 tripla); Esther, 7 ptos; Andrea, 2 ptos – quinteto inicial –; Fani, 18 ptos(1 tripla); Lidia, 0 ptos; Iria, 4ptos.
Partido no que casi consiguen dar a sorpresa as chicas de Cee ante un dos equipos fortes desta liga.
Para esquecer o 1º cuarto, cun desacerto en ataque altísimo e unha defensa máis débil da amosada nos últimos partidos. No segundo cuarto cambiou de decoración, cunha mellor defensa, conseguindo deter o ataque das coruñesas e tendo un poico máis de acerto e fortuna no tiro. As diferencias rondaban os 20-25 puntos no 3º cuarto pero o final deste volveron a reducir a ventaxa das coruñesas a 15 puntos. Quedaban 10 minutos por diante para o remate do encontro, e o equipo de Cee recuperou o seu nivel en defensa de partidos anteriores, o cal dáballe a posibilidade de facer contraataques que fixeron que, a falta de 50 segundos para o remate do encontro, cunha tripla de Yaiza se puxeran a tan só 3 puntos do equipo de Coruña. Nese momento sinaláronse un par de faltas a favor das coruñesas que lle deron tiros libres e manter esa diferencia de 6 puntos que lle deron a vitoria.
3ª División Sénior Masculina, 16ª Xornada
- Resultado: FONTIÑAS - COSTA DA MORTE (69-52).
- Parciais: 14-12; 17-10; 21-16; 17-14 (Acumulado: 14-12; 31-22; 52-38; 69-52)
- ACB COSTA DA MORTE: Iván, 9 ptos; Deril, 6 ptos; Fabián, 3 ptos; Manuel, 5 ptos; Tinín, 13 ptos – quinteto inicial - ; José, 8 ptos; Sergio, 0 ptos; Andrés, 8 ptos (1tripla).
Mal inicio de cuarto cun parcial de 12-0, parecía que o partido xa se acaba tan só empezar. Pero os xogadores de Cee foron capaces de ir sumando puntos para acabar o cuarto tan só dous puntos abaixo. Durante o 2º cuarto foron quen de rematar e poñerse por diante para no final do cuarto virse un pouco abaixo e acabar chegando o descanso 9 puntos por detrás no marcador.
Os dous equipos entraban en bonus moi rapidamente nesta primeira parte, pero na segunda a cousa cambiou: os de Cee no 3º e no 4º cuarto estaban en bonus faltando seis minutos para o remate de cada cuarto, mentres que o equipo de casa non chegaba ata faltar dous minutos. O fallo nos tiros libres axudaron a perder o partido, ó errar 15 de 24.
2ª División Cadete Masculino, 2ª Fase-1ª Xornada
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - COMPAÑIA DE MARIA (63-36).
Primeiro partido da segunda fase e primeira vitoria fácil para o equipo de casa.
Infantil Masculino
- Resultado: ARTAI - ACB COSTA DA MORTE (62-42).
- Parciais: 19-8; 11-14; 11-10; 21-10 (Acumulado: 19-8; 30-22; 4-32; 62-42)
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Adrián, 21 ptos (1 tripla); Iván, 16 ptos; Luciano, 1pto; Anxo, 0 ptos; Carlos, 4 ptos.
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - BETANZOS 1999 (25-35).
- Minibasket Alevín Feminino: CORETI ETIQUETAS ´B´ - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (78-27).
- Minibasket Alevín Masculino: ARTAI - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (83-33).
- As mulleres manteñen a senda da vitoria para o ACB.
- As cadetes do ACB manteñen a boa liña e os Sénior case dan a sorpresa.
- As Sénior do ES Bazarra manteñen o pulso do ACB Costa da Morte.
- As maiores do ACB seguen en marcha.
- Nova xornada para os pequenos do ACB Costa da Morte.
- As cadetes salvan a fin de semana da familia ACB Costa da Morte.
- Fin de semana completa para a familia ACB.
- 3 derrotas e 2 vitorias foron o balance do ACB na fin de semana.
- Xornada para esquecer da familia ACB Costa da Morte.
- Comeza un ano completo de baloncesto para o ACB Costa da Morte.
- As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais.
- Nota de prensa do ACB Costa da Morte.
Partido que se presentaba difícil para os rapaces de Cee, ó ir tan só cinco xogadores. Así no primeiro cuarto parecía roto xa o partido ca ventaxa que adquiriron os rapaces de Artai, pero non foi así. Os rapaces de Cee, foron quen de non deixar irse o equipo local, e pouco a pouco ir recortando a diferencia e no último cuarto poñerse a tan só 5 puntos (47-42) faltando 4 minutos para o remate do partido. Nese momento sinaláronlle a 5 falta persoal a Iván, quedando tan só 4 xogadores e resultándolle moi doado os de Artai romper definitivamente o partido, facendo neses últimos catro minutos un parcial de 15-0.
Infantil Feminino
Derrota para as rapazas de Cee.