mércores. 30.04.2025
El tiempo

As cadetes salvan a fin de semana da familia ACB Costa da Morte

As cadetes salvan a fin de semana da familia ACB Costa da Morte
ACB Costa da Morte senior-Foto- Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

Non foi a mellor semana, en canto a resultados, para a familia do ACB Costa da Morte. 5 encontros disputados e só unha vitoria, a das cadetes, que superaban con solvencia ás Pontes. Polo demais, os maiores caían ante o Conxo en casa, mentres que sénior non podían voltar con nada positivo da pista do Adfro.

Esta semana ademais xogaron os máis pequenos, os alevíns de minibasket, que caían ante o Emilia Pardo Bazán mentres que as pequenas non podían xogar.


3ª División Senior Masculina, xornada 8

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CONXO (29-58).
  • Parciais: (8-22; 4-13; 8-12; 9-11) (Acumulado: 8-22; 12-35; 20-47; 29-58)
  • ACB COSTA DA MORTE: Iván (3); Deril (11); Fabián (3); Miguel; Tinin (4) – quinteto inicial – Manuel (7); José.

Un primeiro cuarto, no que o equipo de Conxo, co acerto no tiro, rompeu o partido, non dando ningunha opción ao equipo de casa. Mal partido en ataque por parte dos de Cee, con moito desacerto no tiro.

Ivan ao rebote no encontro do ACB Costa da Morte-Foto- Jorge Parri

2ª División Senior Feminina, xornada 8

  • Resultado: ADFRO - E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE (40-30).
  • Parciais: (10-11; 8-5; 10-3; 12-11) (Acumulado: 10-11; 18-16; 28-19; 40-30)
  • E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Iria (3); Lidia (2); Sandra (8); Esther (8); Andrea – quinteto inicial –; Goretti; Yaiza; Sabela; Fani (9).

Partido no que o erros en ataque do equipo de Cee permitiu a vitoria a un dos equipos que en principio debe estar abaixo. Este resultado leva as de Cee ós últimos postos da clasificación da liga.


2ª División Cadete Feminina, xornada 7

  • Resultado: ABACO ACB COSTA DA MORTE – CB AS PONTES (67-22).

2ª División Infantil Masculina, xornada 6

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - ARTAI (38-84).

Minibasket Alevín, xornada 3

  • Masculino: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - EMILIA PARDO BAZAN (43-48).
  • Feminino: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - SANTA MARIA DEL MAR (Aprazado).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.

Comentarios