Os Veteranos celebraron a súa festa e o Bergantiños segue doblete a doblete
Tremendo o potencial deste Bergantiños de Veteranos. Toda unha seleccións de ex xogadores do fútbol modesto da comarca, que leva demostrando nos últimos anos a súa superioridade. I é que xa van 2 dobletes nas dúas últimas temporadas. E parece que non paran.
O último título caeu esta fin de semana na Festa do Fútbol de Veteranos. O Bergantiños vencía ao Atl. Milagrosa na Final da Copa da Costa de Veteranos.
Final da Copa da Costa de Veteranos 2011
- Resultado: Atl. Milagrosa, 0 - Bergantiños, 5
- Bergantiños: Rafa, Pea, Molk, Javi, Alexos, Ambrosio, Chilin, Nika, Carlos, Víctor e Roberto. Tamén xogaron: Sole, Cándido, Fran, Joaquín, Castro e Zopi.
- Atl. Milagrosa: Jorge, Castro, Alex, Jose Manuel, Pichel, Miguel Barreiro, Bani, Santi, Caamaño, Miguel Alvarez e Pablo. Tamén xogaron, España, Eiris, Roberto, Juan, Toni, Suso e Sergio.
- Goles: 1-0, min.12: Víctor a pasa de Nika. 2-0, min.35: Víctor tras unha deixada de cabeza dentro da área de Roberto. 3-0, min.63: Nika cun tiro forte dende fóra da área. 4-0, min.82: Roberto. 5-0, min.90: Javier de cabeza.
- Árbitro do encontro: Isidro, asistido nas bandas por Pepe Novo e Miguel. Perfecta a labor do colexiado que contou ca colaboración dos dous equipos por ser a final máis deportiva das que se levan disputado. Só se amosaron 2 amarelas.
- Incidencias: Gran partido o que se vio no campo do Carral de Sofán ante unhas 300 persoas.
Fíxose patente a diferencia que houbo entre o actual campión de Liga e o pechacancelas da 1ª División, que ademais perde a categoría. Pero con todo, o Atl. Milagrosa intentouno en todo momento e deu cara ante o potente Bergantiños. Ata contou cun par de ocasións pero a gran defensa de Bergan non deixou fisuras, e ademais dúas boas intervencións do meta Rafa evitaron que o At.milagrosa puidese estrenar o marcador.
Así o resultado foi excesivo, máis abultado do visto no campo.
Cea de fin de tempoada
Pero a demais, a Asociación de Fútbol de Veteranos da Costa convoca a todos os clubes á primeira xuntanza de clubs da Costa este venres 10 de xuño no Restaurante Aldeola.Máis información
Os blogs de Veteranos
- A bitácora da semana (CIII): O blog dos Veteranos de Corcubión.
- A bitácora da semana (LXXI): O blog do C.D. Nantón.
- A bitácora da semana (IXL): O blog dos veteranos do Malpica.
- A bitácora da semana (X): O blog dos Veteranos de Cabana.
- A bitácora da semana (XLIX): Os blogs do veteráns (Camariñas, Ponteceso e o Comité).
Novas de Veteranos
- 27-03-11: O Bergantiños campión da Liga de Veteranos.
- 23-02-11: Derradeira e intensa xornada para os Veteranos da Costa que tamén deciden o devir da Copa.
- 05-11-10: O Xuventude de Bergantiños lidera a Liga de Veteranos.
- 09-09-10: Comeza unha nova tempada de Veteranos coa inclusión do Muros na 2ª División.
- Os Veteranos da Costa lembraron a José Luis Facal.
- Copa 2010: A Festa do Fútbol de Veteranos.
- 2008/2009: Doblete do Nantón en Veteranos.
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
- Información e fotos de Modesto Parga, membro do Comité de Fútbol de Veteranos da Costa.