![Corcubion asceno]()
Nova xornada completa de fútbol costeiro desta volta marcada polos brazaletes negros trala
morte do muradán Dani Parroto a pasada fin de semana.
A nova da xornada foi o
ascenso do Corcubión, que onte vencía ao Muxía, e pon fin á 3ª da Costa a falta de unha xornada. Ademais, o
Nantón deu un paso cara o título e vencei no Pino do Val ao Mazaricos por 0-2.
Na
1ª Autonómica a cousa segue con cor costeira. E iso que
Cee parece que se descolga, trala súa derrota nun partido clave ante o Unión no que foi gañando moitos minutos. Os de Pato quedan a 5 puntos de
Dumbría e Xallas, que vencían e seguen líderes da 1ª. Os dumbrieses venceron con comodidade ao Zas e o Xallas gañou ao Imperátor por 3-0, que lles permite seguir mandando na Liga e sendo os máximos favoritos ao ascenso.
Na
Liga da Costa, a atención céntrase na zona de abaixo trala derrota do
Camariñas (coa vitoria o Buño escapa da zona perigosa), que deixa o camiño libre ao Ponteceso cara o título.
Por abaixo as cousas están moi apretadas.
Corme e Baio empataron e non poden quedar tranquilos. Os que sumaron foron os xogadores de Gerpe do
Porteño que venceron en Castriz con dous penaltis nos últimos minutos. Queda moito por decidir entre estes e equipos e o
Carnota que non se rinde, e que sumará 3 puntos xa que o Vimianzo non se presentou.
Tamén se disputou a ida dos Cuartos da Liga Xuvenil con encontros moi igualados.
Veteranos
![Bergantinos Campion Veteranos]()
Xa rematou a intensa Liga de Veteranos. O
Bergantiños volve gañar a Liga, mentres que por abaixo
descenden Camariñas e Atl. Milagrosa.
Os que
ascenden de 2ª División son o San Lorenzo e o Buño.
Agora xa pensan na
Copa da Costa de Veteranos 2011.
Preferente, xornada 33
1ª Autonómica, xornada 29
Dumbría |
5-0 |
Zas |
Unión |
3-2 |
Cee |
Xallas |
3-0 |
Imperator |
2ª Autonómica, xornada 29
Club do Mar |
2-1 |
Dumbría B |
Carnota |
(Susp.)* |
Vimianzo |
Ponteceso |
3-0 |
O Pindo |
San Lorenzo |
1-0 |
Fisterra |
Malpica |
5-0 |
Esteirana |
Camariñas |
1-2 |
Buño |
Castriz |
2-3 |
Porteño |
Baio |
2-2 |
Corme |
Muros |
1-1 |
Sofán |
* Non se presentou o Vimianzo.
3ª Autonómica, xornada 29
Laxe |
1-1 |
Indep. Carballo |
Corcubión |
2-0 |
Muxía |
Coristanco |
3-0 |
Lira |
Corcoesto |
2-1 |
Xaviña |
Mazaricos |
0-2 |
Nantón |
Alcaián |
2-0 |
Cabana |
Atl. Pereiriña |
1-5 |
Outes |
Cerqueda |
4-1 |
Muros B |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 26
Aler. Traviesas |
27/03 - 16:00 |
Bergantiños |
Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Cuartos
Liga Galega Cadete, xornada 23
Santa Comba |
1-0 |
Imperator |
Campus Stelae |
0-2 |
Bergantiños |
Segunda Cadete, xornada 25
Bergantiños B |
2-3 |
Cabana |
Outes |
3-3 |
Coristanco |
Muros |
1-1 |
Baio |
Soneira |
- |
Fisterra |
Ponteceso |
1-5 |
Dumbría |
Cee |
3-0 |
Corme |
Con. de Carnota |
2-3 |
Esteirana |
Ligas de Veteranos, xornada 26
1ª División
Corcubión Vet. |
2-3 |
Ponteceso |
Bértoa |
6-2 |
Cabana |
Xv. Bergantiños |
2-1 |
Nantón |
Baio |
2-3 |
Vimianzo |
Camariñas |
1-3 |
San Román |
At. Milagrosa |
2-0 |
Castriz |
Zas |
0-1 |
Bergantiños |
2ª División
Porteño |
2-0 |
Cerqueda |
Corme |
3-3 |
Dep. Carballo |
Corcoesto |
5-2 |
Malpica |
Club do Mar |
3-1 |
Coristanco |
Leiloio |
2-1 |
Agualada |
Sofán |
1-3 |
Buño |
Muros |
0-5 |
San Lorenzo |
Máis información
Novas relacionadas
Entrevistas QPC Deportes
Artigos relacionados
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).