Derradeira e intensa xornada para os Veteranos da Costa que tamén deciden o devir da Copa


Queda unha xornada para que se decidan as Ligas de Veteranos e todo está por decidir. Na 1ª División o Bergantiños ten todo para facerse campión, unha vez máis e repetir o título do ano pasado. Avantaxa en 3 puntos ao San Román e ambos terán encontros difíciles. O Bergantiños visita o campo do Zas, 6º clasificado e non se xoga nada. Pola contra, o San Román visita o Hermanas Patiño, onde o Camariñas necesita a vitoria para escapar do posto de descenso no que se atopa. De feito, os palilleiros están dous puntos por debaixo do Cabana e Vimianzo por mor dunha sanción, e os 3 xogaranse unha das dúas prazas de descenso, xa que o Atl. Milagrosa está descendido dende hai varias xornadas.
A xornada na 2ª División tamén será vibrante. Se o San Lorenzo xa está ascendido, o segundo posto de asscenso está por decidir. O Buño ten 51 puntos, 2 máis que o Corcoesto. Os primeiros visitan o Carral onde o recibirá unha SD Sofán 9º na táboa. Pola súa banda o Corcoesto recibe a un Malpica en horas baixas, que este ano rematará entre o 4 últimos equipos das ligas de veteranos.
A sorte está botada. Sorte a todos de cara a esta fin de semana.
Asemblea Xeral

Ademais, a Asociación de Clubes de Veteranos da Costa da Morte vén de convocar a Asemblea Xeral de Delegados este vindeiro xoves día 24 de marzo ás 21:00h, en Centro Cívico de Malpica.
A orde do día centrarase na Copa de Veteranos que xa saben que é a auténtica Festa do Fútbol de Veteranos que o ano pasado quedou nas mans do Bergantiños .
A sesión tratará o pago de sancións, a proposta por parte do Comité para celebración final Liga e Copa de Tempada 2010-11, o Estudo e aprobación dos candidatos a organizar a final de Copa 2011 e o propio Sorteo de Copa.
Os blogs de Veteranos
- A bitácora da semana (CIII): O blog dos Veteranos de Corcubión.
- A bitácora da semana (LXXI): O blog do C.D. Nantón.
- A bitácora da semana (IXL): O blog dos veteranos do Malpica.
- A bitácora da semana (X): O blog dos Veteranos de Cabana.
- A bitácora da semana (XLIX): Os blogs do veteráns (Camariñas, Ponteceso e o Comité).
Novas de Veteranos
- 05-11-10: O Xuventude de Bergantiños lidera a Liga de Veteranos.
- 09-09-10: Comeza unha nova tempada de Veteranos coa inclusión do Muros na 2ª División.
- Os Veteranos da Costa lembraron a José Luis Facal.
- Copa 2010: A Festa do Fútbol de Veteranos.
- 2008/2009: Doblete do Nantón en Veteranos.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Fotos extraídas dos Blogs e dos Facebook dos clubes.