mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os Veteranos celebraron a súa festa e o Bergantiños segue doblete a doblete

Os Veteranos celebraron a súa festa e o Bergantiños segue doblete a doblete

Tremendo o potencial deste Bergantiños de Veteranos. Toda unha seleccións de ex xogadores do fútbol modesto da comarca, que leva demostrando nos últimos anos a súa superioridade. I é que xa van 2 dobletes nas dúas últimas temporadas. E parece que non paran.

O último título caeu esta fin de semana na Festa do Fútbol de Veteranos. O Bergantiños vencía ao Atl. Milagrosa na Final da Copa da Costa de Veteranos.

Final da Copa da Costa de Veteranos 2011

  • Resultado: Atl. Milagrosa, 0 - Bergantiños, 5
  • Bergantiños: Rafa, Pea, Molk, Javi, Alexos, Ambrosio, Chilin, Nika, Carlos, Víctor e Roberto. Tamén xogaron: Sole, Cándido, Fran, Joaquín, Castro e Zopi.
  • Atl. Milagrosa: Jorge, Castro, Alex, Jose Manuel, Pichel, Miguel Barreiro, Bani, Santi, Caamaño, Miguel Alvarez e Pablo. Tamén xogaron, España, Eiris, Roberto, Juan, Toni, Suso e Sergio.
  • Goles: 1-0, min.12: Víctor a pasa de Nika. 2-0, min.35: Víctor tras unha deixada de cabeza dentro da área de Roberto. 3-0, min.63: Nika cun tiro forte dende fóra da área. 4-0, min.82: Roberto. 5-0, min.90: Javier de cabeza.
  • Árbitro do encontro: Isidro, asistido nas bandas por Pepe Novo e Miguel. Perfecta a labor do colexiado que contou ca colaboración dos dous equipos por ser a final máis deportiva das que se levan disputado. Só se amosaron 2 amarelas.
  • Incidencias: Gran partido o que se vio no campo do Carral de Sofán ante unhas 300 persoas.

Fíxose patente a diferencia que houbo entre o actual campión de Liga e o pechacancelas da 1ª División, que ademais perde a categoría. Pero con todo, o Atl. Milagrosa intentouno en todo momento e deu cara ante o potente Bergantiños. Ata contou cun par de ocasións pero a gran defensa de Bergan non deixou fisuras, e ademais dúas boas intervencións do meta Rafa evitaron que o At.milagrosa puidese estrenar o marcador.

Así o resultado foi excesivo, máis abultado do visto no campo.

Cea de fin de tempoada

Pero a demais, a Asociación de Fútbol de Veteranos da Costa convoca a todos os clubes á primeira xuntanza de clubs da Costa este venres 10 de xuño no Restaurante Aldeola.

Máis información

Os blogs de Veteranos

Novas de Veteranos

Comentarios