Os Veteranos de Santiago tamén se unen á Federación
05 de xuño de 2017 (07:48 h.)
Continúan as Ligas de Veteranos de toda Galicia amparándose no paraugas da Federación Galega. A última agrupación que vén de facelo é a de Santiago, que pasa a depender da Federación da Galega de Fútbol, pasando a ser parte do deporte federado, igual que fixeron outras delegacións como a herculina.
Así, na cita celebrada o pasado sábado e á que acodiron boa parte dos equipos, discutiuse o plan competicional 2017-2018, que quedará pechado con 5 grupos de 16 equipos (División de Honra, dúas 1ª e dúas 2ª), entre os que figura o Bergantiños.
Este verán será importante para os Veteranos da Costa que terán que estudiar o seu futuro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).