Preferente: Demasiada tensión no derbi do ano
Xa van 10 xornadas da Preferente e nos atopamos co Bergantiños e o XSC no máis alto da táboa. 3 puntos separan aos dous equipos tralos sendos empates do Bergan no campo do Estudiantil, e do XSC en Dumbría, no que era o derbi do ano.
Pero foi un choque de demasiada tensión, e era previsible, estando 3 míticos ex xalleiros nas filas dumbriesas. Ao final un empate que lle vale aos de Julio Martínez e non tanto aos de Canosa, que se manteñen 9º a 5 puntos dos xalleiros e 8 dos carballeses.
Pola súa parte o Soneira conseguía manter un punto tras ir perdendo todo o partido ante o Mugardos, quedando con 9 puntos, pero sen tempo a descansar por está a só dous do pechancancelas.
Dumbría - Xallas StComba (0-0)
- DUMBRÍA: Julián, Jose (David Carreira, min.46), Oscarín, Aarón Fdez., Cote, Adrián Makaay, Jota (Aarón López, min.78), Luisito, Iago (Jesús, min.86), Doro, Rivi (Adrián Nieto, min.46).
- XSC: Pablo, Rubén Forján, Cristian, Héctor, Rubio, Alfonso, Marcos, Alberto, César (Iván Forján, min.80), Darío (Maneiro, min.90), Toño (Richi, min.25) (Dani, min.85).
- Expulsión: o xalleiro Iván Forján.
Esperábase algo máis do derbi máis intenso do ano. A saída dos Doro, Jota e Oscarín cara Dumbría, a convivencia do Couto pai, directivo no cadro xalleiro, e Couto fillo, Iván Couto, como meta suplente dumbriés, e a rivalidade entre ambos equipos que parecen chamados a facer grandes cousas este curso, facía prever un choque cheo de tensión.
E así foi, pero foi o vento quen roubou protagonismo convertindo o partido nun choque de ida e volta, e sen demasiado xogo e con moitas interrupcións. Na primeira metade o cadro visitante intentou mandar co balón, pero as xogadas de perigo non chegaban a ningunha das dúas áreas.
Na segunda foi o Dumbría o que máis controlou, tendo algunha ocasión nas botas de Makaay e Aarón Fdez. Acabou o XSC pedindo o final, sumando un punto que lle vale que auparse ata a 2ª praza.
Soneira - Gal. Mugardos (2-2)
- SONEIRA: Martin Rizos, Chans (Pichi, min.60), Brais, Mayuyo, Sito, Baba, De La Sierra (Fran de Urroa, min.70), Riki (Cristian, min.60), Richi (Maikel, min.46), Javi e Leo (Basti, min.60).
- Goles: 0-1, min.1; 0-2, min.32; 1-2, min.53: Leo de penalti; 2-2, min.87: Basti remata un pase atrás tras un xogadón de Cristian Figueroa por banda dereita.
- Expulsión: o local Mayuyo (min.45) con cartón vermello directo por unha patada sen balón; e un xogador visitante (min.60).
Non pintaban ben as cousas no Municipal cando o equipo ferrolán se adiantaba no primeiro minuto. E menos cando á media hora, e sen demasiadas novas aínda do Soneira, o Mugardos facía o segundo.
Tardou en reaccionar o cadro de Felipe, pero o conseguiu nunha boa segunda metade. E iso que arrincaba con 10 pola expulsión de Mayuyo. Pero Leo recurtaba de penalti e a expulsión dun xogador visitante igualaba a contenda. Quedaba media hora e un gol por levantar, e o equipo soneirán non parou ata conseguilo. Foi tras unha fermosa xogada por banda de Cristian Figueroa, que se marchou de varios rivais e cedeu atrás para que Basti fusilara para deixar un punto na casa.
Estudiantil- Bergantiños (0-0)
- BERGANTIÑOS: Christopher, Toni (Alexandre, min.56), Dany Becerra, Álex Canedo, Sergio, Gonzalo, Souto, Iván Amor, Luis (Álex Figueiras, min.65), Roberto Piñeiro e Josiño.
Partido moi disputado durante a primeira metade na que o equipo local se puido adiantar se non fose por dúas grandes paradas do porteiro Christopher, que esta semana recibiu a noticia da súa convocatoria coa selección galega de afeccionados. Os carballeses tan só tería unha ocasión nesta primeira parte pero o porteiro do Estudiantil atallaría o remate de Iván Amor.
Na segunda metade, o Bergantiños melloraría o seu xogo pero de novo tería que aparecer o porteiro de Carballo para salvar ao seu equipo, ao deter un penalti cometido por mans de Toni. Os carballeses tan só crearían algunha ocasión a balón parado.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).