Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Album da Costa, unha auténtica enciclopedia do #FutboldaCosta

O Album da Costa, unha auténtica enciclopedia do #FutboldaCosta
Album de Cromos do FutboldaCosta - QPC

Continúa o longo proceso de creación do Album de cromos do #FutboldaCosta. E dicimos longo porque xa levamos case dous meses de traballo e aínda non rematamos de recompilar todos os datos, as fotos, os palmarés... En breve tocaralle á empresa viguesa SportCrom levar a cabo a edición e publicación do album.

Hoxe o que queremos transmitir é que este album será toda unha enciclopedia do fútbol costeiro. A primeira gran fonte de información serán os propios cromos. Son máis de 600 cromos de equipos, xogadores, presidentes, adestradores... cos todos os datos posibles (nome completo, alcume, data e lugar de nacemento, posición, traxectoria e palmarés) para que calquera dúbida se solucione a base de cromo.

Ademais, o propio album será unha fonte de información de valor incalculable. Da man dos grandes conocedores do deporte rei na bisbarra, Óscar Santos e Manuel Varela, estamos colleitando outros datos de gran interese como os palmarés dos equipos e de todas as competicións. Deste xeito, o centro do album estará composto por 4 follas cos palmarés da Copa da Costa e das Ligas da Costa, acompañados por un texto dunha personalidade moi especial para o noso fútbol, e varias fotos dos equipos máis galardoados.

Ademais, as páxinas de cada equipo tamén terán información importante, ca foto do campo de fondo, como o escudo, o ano de fundación, o seu palmarés ou a súa equipación.

Por certo, se queredes estar á última dos movementos do Album, podedes premer o "Gústame" da páxina de Facebook "Fútbol da Costa".

E antes de nada, queremos agradecer a todos clubes a súa colaboración para conseguir os datos, xuntar os xogadores para sacar as fotos...

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios