Venres. 03.05.2024
El tiempo

Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa

Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa
Pincha para ampliar o Protocolo de actuación para solicitar de asistencia sanitaria nos campos de fútbol

Presentaba esta semana a Federación Galega de Fútbol o novo protocolo a seguir en caso de lesión. Un tema moi importante na zona, que xa leva intentando ser solucionado dende que o Fútbol da Costa depende dos hospitais da Coruña ou Santiago, pero que polo de agora non ve saída.

A Federación amosa o contrato coa Compañía de Seguros Zurich (no mardo do proceso de privatización de absolutamente todo neste país) e as novidades relacionadas ao Protocolo de Actuación para solicitar Asistencia Sanitaria. De feito, os centros e hospitais da SS non son concertados polo que non se acollen ao seguro, e só será posible levalo a unen caso de accidente de Urxencia Vital.
Ollo a este asunto porque é importante. "Zurich non se fai cargo das facturas provintes do Sergas salvo en caso de Urxencia Vital", e de igual xeito, "os desprazamentos en ambulancia só teñen cobertura para Urxencias vitais".

Coma sempre, haberá que avisar nun prazo máximo de 7 días dende a lesión, coa declaracón do accidente, a copia da ficha, a acta do partido (declaración xurada do adestrador en caso de tratarse nun entrenamento).

A Federación informa dos Establecimentos asegurados para Afeccionados e Xuvenís. A nivel urxencias e hospitalización, tócanos de novo o San Rafael da Coruña ou o Policlínico La Rosaleda de Santiago.
En Centros de rehabilitación xa temos máis posibilidades, e poderemos levala a cabo a través do seguro en FisioCee, na Fisioterapia Xunqueira de Cee; en Mosquera López Carmen de Carballo; no Centro Gallego de Rehabilitación de Muros; en FisioXallas ou Sandra Mourelle Moure de Santa Comba; ou na Clínica Viaminzo de Vimianzo.

Pero en caso de dúbida, non se preocupen que o señor Zurich xa ten un 902 preparado para solventar calquera problema...

Máis información


O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios