Aguantou o tempo e puidemos vivir esta última fin de semana de outubro unhas fermosas tardes de Fútbol da Costa. E coma sempre, antes que ninguén (malia que os copiaepega sigan reproducíndose pola bisbarra) o equipo QPC trae os resultados e a crónica dunha xornada case completa, tralo comezo da 3ª e esperando que arrinque a Liga de cadetes.
Unha xornada de derbis, como o da Preferente, un dos máis esperados do ano trala revolución no XSC que deparou con varios míticos xogadores xalleiros nas filas dumbriesas. Así, o Conco vivíu unha tarde bronca, e o resultado non se moviu, deixando ao XSC na 2ª praza trala vitoria do Sada ao Ribadeo. Os xalleiros quedan a 3 dun Bergantiños que non pasou do empate ante o Estudiantil, mentres o Dumbría queda 9º a 8 do líder. Pola súa parte, o Soneira sacaba un punto tras remontar un choque que se lle puña custa arriba na primeira metade e queda 15º con 9 puntos.
Tamén traía derbi a 1ª Autonómica, e quedou en Pedra Queimada. O Malpica fixo valer a súa veteranía na categoría para sacar os 3 puntos e superar ao Baio. Quedan agora os de Baña con 16 puntos, a 5 do líder, un intratable Noia, e o Baio con 14. Con 12 está a Esteirana tralo empate na casa ante o Lamela, mentres o Camariñas caía na casa ante o Bertamiráns B. A gran nova da fin de semana foi a primeira vitoria do Ponteceso ante o Sigüeiro. Os de Mato seguen en descenso, pero esta vitoria lles pode dar moitas ás.
Xornada importante na 2ª Autonómica, con dous partidos por todo o alto. Mentres o Outes segue ao seu, 4 aspirantes víanse as caras. En San Pedro, o Sofán sacou, a base de defensa e brega 3 puntos que o deixan só na segunda praza, aínda a 5 do líder. I é que o Cee sucumbiu ante un Corme que foi explotar no San Paio de Refoxos. Levaba o Corme avisando de que viña cargado de fútbol, e o desplegou en Cee para achegarse xa realmente á zona alta. Tamén están aí arriba o Fisterra e o Zas, que vencían a Mazaricos e Cabana.
Por abaixo, primeira vitoria do San Lorenzo ante o Muros, e segunda do IDC ante un Corcubión que pecha a táboa cun só punto.
E arrincou ao completo a 3ª Autonómica tralo partido adiantado da semana pasada. Queda precisamente o Montelouro como primeiro líder tralo 4-1 ao Laxe. Con el arrincan vencendo o Baíñas, cun 1-3 ao Seaia que demostra as súas intencións; o Muxía, vencendo 3-2 ao Castrelo; e o Coristanco, que venceu en Lira. O resto remataron en empate.
Seguen intensas as Ligas Xuvenís. No Sur o Dumbría non para e puido co seu máximo perseguidor, o Fisterra, ao que deixa a 4 puntos, os mesmos que ao Cee, que vencía en Mazaricos. Esteirana e XSC mantéñense na loita por esas dúas prazas que parecen quedar pendentes se o Dumbría segue así.
Polo Norte, a igualdade segue reinando como o demostra o novo cambio de líder. O Corme toma o relevo do Malpica tralo empate destes en Baio. Un Baio que xa leva 5 igualadas e que está moito máis abaixo do que merece por xogo. Cabana e Malpica quedan a 1 do Corme, e o Ponteceso a 2.
Chegaba o Deportivo ao Conco no partido máis esperado da División de Honra Cadete e o Dumbría demostrou que pode competir a primeiro nivel. Os dumbrieses aguantaron as embestidas do cadro herculino e mantiveron un empate, quedando agora 5º por debaixo de 4 históricos de Galicia.
Non van tan ben as cousas na Liga Galega Infantil. Desta volta, o Dumbría non puido sacar nada ante o Deportivo, pero o que si sumou a súa primeira vitoria da temporada foi o XSC, que sabe que é necesario seguir sumando para a segunda liguilla por evitar o descenso.
Xa temos Semifinalistas da I Copa da Costa Cadete trala disputa dos Cuartos. Unhas semis que esperarán ata o 4 de xaneiro, pois a vindeira semana comeza a Liga.
E en infantís Corme e Cee seguen ao seu, cun Fisterra moi pegadiño.
Nos Veteranos segue a cousa igualada. En 1ª División o Coristanco segue sendo líder a pesar de non pasar do empate ante o Bértoa. O Laxe, que superaba pola mínima ao Dumbría, e o Baio, que empataba no derbi zaense, quedan pegadiños. Na 2ª División, o Milagrosa segue imparable, con 3 puntos de vantaxe sobre o Malpica, que vencía o derbi en Cerqueda.
| Soneira SD  | 2-2 |  Gal. Mugardos | 
| Ag. Estudiantil  | 0-0 |  Bergantiños C.F | 
| C.F. Dumbría  | 0-0  | Xallas StComba | 
| Ponteceso S.D.  | 2-1 |  Sigüeiro C.F. | 
| S.D. Esteirana  | 2-2 |  C.F. Lamela | 
| Camariñas C.F.  |  1-3 |  Bertamiráns B | 
| S.C.D. Malpica  | 2-1 |  C.D. Baio | 
|  Camelle S.D.  | 2-4 |  U.D. Carnota | 
| Volantes F.C.  | 2-1 |  Buño S.D.C | 
| Porteño C.F.  | 1-3 |  Outes C.F. | 
| S.D. Castriz  | 0-1 |  S.D. Sofán | 
| Mazaricos C.F.  | 2-6 |  S.D. Fisterra | 
| Indep. Carballo  | 3-1 |  U.D. Corcubión | 
| U.C. Cee  | 0-3 |  Corme C.F. | 
| S.D.San Lorenzo  | 2-1 |  Muros S.D. | 
| Sp. Zas  | 1-0  | Cabana S.D.  | 
| Sp. Seaia |  1-3  | C.D. Baíñas | 
| C.D. Nantón  | 0-0 |  SDC Corcoesto | 
| Lira C.F.  | 1-2 |  S.D. Coristanco | 
| Muxía C.F.  | 3-2 |  C.F. Castrelo | 
| U.D. Cerqueda  | 0-0  | S.D. Ameixenda | 
| U.D. Montelouro  | 1-4  | S.D. Laxe | 
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 9
| Xallas StComba  | 5-1 |  Muros S.D. | 
| C.F. Dumbría  | 3-0 |  S.D. Fisterra | 
| Mazaricos C.F.  | 2-6 |  U.C. Cee | 
| Soneira S.D.  | 4-1 |  Lira C.F. | 
- Descansan Outes e Esteirana.
 
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 9
| S.D. Coristanco  | 1-0 |  Muxía C.F. | 
| Ponteceso S.D.  | 6-0 |  Porteño C.F. | 
| Corme C.F.  | 7-1  | Camariñas F.C. | 
| C.D. Baio  | 1-1  | S.C.D. Malpica | 
| S.D. Laxe |  1-2 |  Cabana S.D. | 
| C.F. Dumbría  | 1-1  | R.C. Deportivo | 
| C.F. Dumbría  | 1-3 |  R.C. Deportivo | 
| Montañeros B.G.  | 1-3 |  Xallas StComba | 
| Bergantiños C.F.  | 5-0 |  C.D. Foz | 
- A: Coristanco – Cabana (3-3) * Pasa o Coristanco por penaltis tras quedar 6-5.
 
- B: XSC – Cee (3-0).
 
- C: Muros – Esteirana (4-1).
 
- D: Fisterra – Zas (6-1).
 
Polo tanto as Semifinais serán o 04-01-2014:
- Coristanco - XSC.
  
- Muros - Fisterra.
 
| S.D. Sofán |  1-6  | S.D. Fisterra | 
| C.D. Baio  | 0-2 |  Ponteceso S.D. | 
| Muxía C.F.  | 3-1 |  Outes C.F. | 
| Corme C.F.  | 4-3 |  S.D. Coristanco | 
| Cabana S.D.  | 3-5 |  U.C. Cee | 
| E.M.F. Vimianzo  | 1/11 - 17:30  | E.D. Os Miudos | 
Ligas de Veteranos, xornada 7
| Ponteceso  | 2-0 |  Xv. Bergantiños | 
| Nantón  | 1-10 |  San Román | 
| San Lorenzo  | 0-0 |  Soneira  | 
| Baio  | 2-2 |  Zas | 
| Camariñas Vet  | 0-5 |  Cabana | 
| Bértoa   | 0-0 |  Coristanco | 
| Laxe  | 2-1 |  Dumbría | 
| Muros  | 1-0 |  Castriz | 
| Poniente  | 9-2 |  Vimianzo | 
| Dep. Carballo  | 1-2 |  Camelle  | 
| Buño  | 0-5 |  Sofán | 
| Cerqueda  | 1-3 |  Malpica | 
| Agualada  | 0-1 |  At. Milagrosa | 
| Corme  | 2-8 |  Erbecedo | 
| Leiloio  | 2-2 |  Porteño  | 
| Laxe  | 0-5 |  Cances | 
| A Piña |  4-2 |  Rus | 
| Sp. Brea  | 1-1  | Cereo | 
| Peña Galicia  | 1-3  | Xornes | 
| Sp. Seaia  | 0-0 |  Baldaio | 
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
	- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).