Preferente: Gustazo do Xallas

Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook

Logrou empatar no campo do líder un cadro combés moi competitivo e compacto no campo do líder. Menos sorte tivo o Dumbría que non puido on outro dos de arriba.

 

Dumbría 0-1 Arzúa

  • Campo: O Conco.
  • Dumbría: Iván Bouzón, Alcaina, Denis (David Carreira m.72), Jose, Pablo, Aarón, Diego Cespón (Javi m.46), Brais (Juan de Dora m.46), Jano (Charli m.64), Iago e Jesús.
  • Arzúa: Albor, Guille, Fenoy (Ico m.71), Joni (Damián m.84), Dani Méndez, Miguel, Endamio (Lucas m.85), David, Julian, Carril e Esteban.
  • Árbitro: Fariña Biasi (Pontevedra).
  • Gol: 0-1 m.13 Dani Méndez.

Un rival doutra liga

Aspirante ao ascenso, o Arzúa prantouse no Conco cunha seriedade e un despliegue físico que sorprenderon de inicio ao Dumbría. O rexeite aproveitado por Dani Méndez para facer o madrugador 0-1 fixo que os visitantes administrasen a vantaxe e contemporizasen, aínda que con susto en forma de balón ao pau incluido. Pola súa banda, o cadro de López Canosa medrou e medrou ata dominar xa no segundo acto e ter nas botas de Charly ou Juan de Dora a igualada.

 

Atlético Arteixo 0-0 Xallas

Arteixo-Xallas-Foto Fuentes
  • Campo: Ponte dos Brozos.
  • Atlético Arteixo: Manu Leis, Miguel (Carlocho m.46), Javi, Pablo Vigo, Borja (Chechu m.46), Róber, Santi, Nano (Iván m.71), Pesco (Geri m.76), Otero e Marcos Suárez.
  • Xallas: Julián, Hugo, Oscarín, Víctor Vecino, Martín Barreiro (Canedo m.57), Fernando, Jesús, Marcos (Fuentes m.92), Camilo (Anxo m.63), Doro e Kevin.
  • Árbitro: Seijas Rodríguez (A Coruña).

Quen dixo distancias?

Julián, clave no punto do Xallas en Arteixo-Foto-Fuentes

Valente e decidido foi o Xallas en Ponte dos Brozos, onde o intratable líder Atlético Arteixo, que se xa dera boa conta do Dumbría hai unhas semanas, apostou polo seu fútbol horizontal de todos estes anos. Non pasou demasiados apuros en defensa durante unha primeira metade algo espesa no que a bagaxe ofensiva se refire. Xa na reanudación, e co líder máis decidido, a piques estiveron os combeses de pescar nalgunha contra.

O protagonista do partido foi Julián, que parou unha dubidosa pena máxima que vale un punto e moita motivación.

Aquí tendes o resumo da man de Benito Campou para El Noticiero de Arteixo.

 

Novas relacionadas

Crónicas da Preferente Norte

Crónicas da semana

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).