Preferente: Para o carro, José

Doro marcou o gol da vitoria-Foto-Xallas
Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Sensacións de día e noite para un Dumbría calamitoso en Arteixo e un Xallas triunfador por primeira vez.

Arteixo - Dumbría (7-0)

  • Campo: Ponte dos Brozos
  • Atlético Arteixo: Manu (Dani m.46), Alejandro, Pablo Vigo, Nano, Jesús, Santi, Marcos Suarez (Miguel m.46), Pesco (Roberto m.46), Borja, Carlos e Adrián Otero.
  • Dumbría: Iván, David Carreira (Javier m.33), Raúl, Pablo Conde, Jose, Aarón, Diego Cespón (Adrián Alcaina m.33), Iago, Jesús, Adrián Nieto (Lucas m.55) e Charly.
  • Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Amonestou a Pesco, Marcos Suárez e Roberto do Arteixo; Iván Bouzón do Dumbría.
  • Goles: 1-0 m.5 Pesco; 2-0 m.7 Nano; 3-0 m.14 Pesco, de penalti; 4-0 m.42 Marcos Suárez; 5-0 m.45 Pesco; 6-0 m.50 Iván; 7-0 m.68 Adrián Otero.
A sesta foi pola mañá Vegoñenta imaxe deu o Dumbría en Arteixo, que na matinal dominical deuse toda unha homenaxe a costa dos brancos. Durou un cuarto de hora o que de interesante podía ter a cita, no que foi unha coadeira defensiva. O muradán Pesco, o camariñán Pablo Vigo, o carnotán Manu e o ex do Soneira Santi, así como o adestrador Miguel Figueira, de Vimianzo, salvaron a honra costeira para o Arteixo. Despois do descanso o líder levantaría o pé e os locais adicáronse a repartir minutos.  

Xallas - Estudiantil (1-0)