Preferente: Vaia 'racha' na Laracha
- Só o punto do Xallas deixa algo de luz no fin de semana costeiro.
 
Tarde para non lembrar a do Dumbría na Laracha, e punto de inflexión para un Xallas que parece levar o freo de man posto.
Laracha 5-0 Dumbría
- Campo: Municipal de Laracha.
 - Laracha: Fedeyo, Iván, Brais, Antonio, Adrián Bouza, Elmer, Souto (Andrés m.77), Martín, Miguel Taibo (Alexandre m.46), Bieito e Dani Bea (Igor m.75).
 - Dumbría: Iván Bouzón, Alcaina, Raúl (David Carreira m.75), Jose, Jano, Aarón, Brais (Lucas m.52), Jesús (Charly m.52), Iago, Manu (Iago García m.35) e Javi.
 - Árbitro: Rivera Goes (Vigo). Amonestou a Adrián e Raúl.
 - Goles: 1-0 m.44 Miguel Taibo; 2-0 m.46 Dani Bea; 3-0 m.53 Dani Bea; 4-0 m.62 Dani Bea; 5-0 m.83 Bieito.
 
Exhibición larachesa
Un hat trick de Dani Bea, que chegara a ser convocado polo Deportivo para xogar en Mestalla, un gol para abrir o marcador dun Miguel Taibo pichichi da liga, e un tercer tanto do veciño Bieito foron demasiado peso para un Dumbría que aguantou media hora e despois viuse totalmente superado polos laracheses.
Xallas 1-1 Milagrosa
- Campo: A Fontenla.
 - Xallas: Fabio, Hugo, Oscarín (Fuentes m.80), Víctor Vecino (Anxo m.59), Barreiro, Jota, Fernando (Canedo m.73), Doro, Marcos (Camilo m.67), Jesús e Kevin.
 - Milagrosa: Tomás, Óscar, Manu, Álvarez, Leandro, Luis Díaz, Diego Redondo (Alberte m.60), David Silva (Adrián m.70). Charly, Yago (Muñiz m.70) e Elías (Álex m.75).
 - Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Expulsou ao visitante Charly.
 - Goles: 0-1 m.86 Alberto; 1-1 m.92 Anxo.
 
De milagro... nada
Un punto non parece a mellor forma de saír da crise, pero por suposto o Xallas conseguiu evitar o mazazo moral doutra derrota. Esta vez a milagrosa repartiu algo da súa esencia, nun campo da Fontenla que ten visto mellores versións dos combeses. Non pasou case nada na primeira metade, e na segunda estirou liñas estérilmente o cadro verdillo, pouco incisivo de cara á meta rival. Un remate de Alberte contra o final parecía ser a eterna condena, pero entón chegou Anxo, para aproveitar unha acción de Camilo e Kevin e poñer o 1-1.
Crónicas da Preferente Norte
- X.1: Doble derrota para o comezo de Liga na Preferente.
 - X.2: Primeiro punto xalleiro e un set en contra para o Dumbría.
 - X.3: Unha bagaxe agridoce.
 - X.4: Sen gol.
 - X.5: Alerta.
 - X.6: Esperanza ou desconfianza.
 - X.7: Pechando a táboa.
 - X.8: Aformigados.
 - X.9: Para o carro, José.
 - X.10: Sufrindo tamén vale.
 - X.11: O Xallas releva ao Dumbría na UCI.
 - X.12: Sabor amargo.
 - X.13: Pechando a táboa.
 - X.14: Reciprocidade involutiva.
 
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- “Estoulle sendo infiel ao fútbol… cos meus fillos”.
 - O Fútbol Base volve a Pedra Queimada.
 - Remata o Curso de Monitor de Fútbol Base de Santa Comba e convócase un novo para Muros.
 - Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa.
 - TNT Yanki.
 
Máis información
- Xa temos o cadro da Copa da Costa 2016.
 - As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
 - A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
 - Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
 
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).