Nova xornada completa do fútbol costeiro. O Soneira segue sumando e alónxase cada día máis dos postos de abaixo. Pola 1ª, o derbi entre Dumbría e Cee deixou unha segunda metade espectacular dos de Pato, na que precisamente os ex do Dumbría mataron o partido. Pola súa banda o Xallas vencía ao Eume e queda 6º a 1 só pundo do Dumbría. E a mala nova chega de novo dende Zas que caía con contundencia.
Na Liga da Costa, cambio de líder. O Camariñas non pasaba do empate en Esteiro mentres que o Ponteceso si gañaba en Verdillo aupando aos de Berto ao máis alto da táboa. O Club do Mar non fallaba no Pindo e mantén o envite. Por detrás Sofán, que non pasou do empate ante o Vimianzo, e Castriz, que se mete de novo tras varias xornadas positivas, nos postos de cabeza. O Fisterra non puido estrear Ara Solis con vitoria e o Carnota sacou un empatiño.
Por abaixo as cousas tamén están apretadas. Os empates dos dos últimos non os sacan do descenso. E a terceira praza, tamén de descenso se o Zas segue nesta liña na 1ª, segue ocupada polo Porteño, que caía ante un Muros á alza. O Corme sae lixeiramente do pozo e mete a un Buño que remata un último terzo de ano terrible. O Pindo e Esteirana continúan en perigo.
Pola 3ª da Costa, o Mazaricos escapa, trala súa vitoria ante o complicado Cabana no encontro máis interesante da xornada. O resto de equipos da zona alta empataron. O Nantón non pasaba do empate en Cortistanco, noutro encontro de alto voltaxe. O Cerqueda non puido superar ao Pereiriña e o Corcubión segue en horas baixas e non pasou do empate a 0 ante o Independiente Carballo.
En xuvenís, polo sur o Santa Comba colle de novo o liderato en solitario tras vencer, con sorte, ao Corcubión, e aproveitando o empate do Soneira en Muros. Polo norte, Dumbría B e Corme seguen implacables impartindo goleadas.
Preferente, xornada 19
Soneira
1-0
Gal. Mugardos
1ª Autonómica, xornada 16
Dumbría
1-3
Cee
Perlío
6-0
Zas
Xallas
3-1
Eume
2ª Autonómica, xornada 16
Vimianzo
0-0
Sofán
Fisterra
2-2
Carnota
Baio
0-2
Dumbría B
Porteño
0-2
Muros
Esteirana
0-0
Camariñas
Malpica
0-2
Castriz
San Lorenzo
1-2
Ponteceso
O Pindo
1-2
Club do Mar
Buño
1-3
Corme
3ª Autonómica, xornada 16
Cerqueda
1-1
Atl. Pereiriña
Laxe
1-1
Outes
Corcubión
0-0
Indep. Carballo
Xaviña
2-5
Lira
Alcaián
4-1
Muros B
Mazaricos
3-2
Cabana
Corcoesto
0-5
Muxía
Coristanco
2-2
Nantón
Liga Nacional Xuvenil, xornada 15
Bergantiños
0-3
Pabellón
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 11
Dumbría
Aprz.*
Mazaricos
Fisterra
5-0
Cee
Santa Comba
4-3
Corcubión
Outes
0-3
Esteirana
Muros
2-2
Soneira
* O Dumbría - Mazaricos foi aprazado para o xoves 23 ás 17:00h.