Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Cee vai en serio

O Cee vai en serio
14 xornadas da 1ª Autonómica e os nosos semellan que non van de broma. O Cee segue en postos de ascenso, 2º a tan só 2 puntos do Olímpico. A tan só 3 dos ceenses está o Dumbría, que parece que se vai manter a tiro boa parte da temporada e a ver se unha boa racha permítelle saltar aos postos de arriba. Pola súa banda o Xallas segue moi serio e afianzándose na categoría, e parece que non terá problemas para mantela. O Zas si que segue a ter problemas. Non enlaza dúas vitorias seguidas e malia que as sensacións non son as mellores, a salvación está a tan só 6 puntos.

Sada - Dumbría (0-0)

  • Dumbría: Juan, Iván Pequeño, Suso, Pablo Conde, Pablo Serrano, Aarón, Schuster (Marco Docabo, min.65), Iago (Chula, min.65), Alberto (Piri, min.70), Adrián Mackaay, Eloy (Jesús, min.88).
O mal estado do terreo de xogo non impediu que se vise un bonito e disputado partido en Sada. Non houbo demasiadas ocasións pero o encontro tivo alternativas constantes e moita intensidade. O empate é xusto.

Cee - Zas (3-0)

  • Cee: Parroto, Fiuza, Jacobo, Dani Freire, Rafa, Fermín, Penedo (Leis, min.75), Chapu, Fernandito, Luigi (Taski, min.65), Llanero.
  • Zas: Luis de la Peña, Peke, Mancebo, Dani, Luis Alvite, Churián, Borja (Fabián min.70), Esteban de Baíñas, Javi Suárez, Pichín, Pastor.
  • Goles: 1-0, min.35: Penedo nun rexeite; 2-0, min.85: Chapu de cabeza a centro de Taski; 3-0, min.87: Taski a centro de Chapu.
O mal tempo deixou un terreo de xogo completamente encharcado que non permitiu que se vise moito xogo no San Pedro de Refoxos, unha vez que non corría o balón. Foi o Cee o que mellor se adpatou ás condicións metereolóxicas, e se ben na primeira parte foi superior, na segunda o Zas apretou lixeiramente. Cun Fernandito mandando no medio e unha punta de ataque afiada, o Cee amosou o seu perigo. Penedo adiantou aos de Pato nunha xogada de carambola, antes do descanso. O segundo tempo transcorreu sen cun Zas apretando e abusando de centros á área pero sen demasiada claridade. Tardou o Cee en sentenciar e foron a parella formada por Chapu e Taski a que marcou por partida doble.

Xallas - Calo (3-0)

  • Xallas: David, Ismael, Iván Forján, Pica, Álvaro, Ricardo, Adrián Beiroa (Adrián Prol, min.75), Jesús (Leo, min.65) (Cheli, min.85), Ventura (Carteiro, min.55), Brais, Roberto.
  • Goles: 1-0, min.17: Jesús á saída dun córner; 2-0, min.23: Roberto dende a frontal tras darse a volta; 3-0, min.58: Roberto solventa un barullo na área.
Partido ben bastante controlado polos de Iván Cancela. I é que enfronte estaba o pechacancelas que apenas ofreceu resistencia, e só tiraron unha vez en todo o encontro. Jesús e Roberto, por partida doble sentenciaron. E onte debutaba tras unha longa lesión Adrián Prol, pero o conxunto xalleiro segue tendo a enfermería chea. Trala lesión de Pepe no xeonllo a semana pasada, que semella que se perderá toda a temporada, onte Leo tivo un problema no xeonllo que agardan non sexa tan grave.

Máis información

Novas relacionadas

    Comentarios