Última xornada de outubro para o fútbol da Costa, que vén marcada por un grave incidente. Gabri, o xogador do Pereiriña segue nestes momentos no Hospital tras levar un golpe na cabeza tras un choque no encontro de onte cun xogador do Soneira B. O xogador, que saía polo seu propio pé do céspede, e mesmo seguira xogando tralo choque, pedíu o cambio e foi, tras rematar o partido, ao Hospital porque se mareaba lixeiramente. De contado o ingresaron tendo mesmo que operalo. Agora, toda a súa familia, o equipo ceense e a familia do fútbol da Costa terá que esperar 72 horas de longa espera para ver a evolución. Desexámoslle todo o mellor, e que pronto volvamos a velo vestido de curto.
E malia que custa seguir cos resultados, temos que destacar varias cousas. Na Preferente, só o Santa Comba deu unha nota positiva á xornada costeira, vencendo con claridade ao Dubra. I é que na 1ª, as novas non foron tampouco positivas para os Cee e Ponteceso.
Na Liga da Costa, o Camariñas volve demostrar que é un dos claros favoritos e xa está de líder en solitario tras endosarlle un set a un Dumbría B co día tonto. Os de Manolín aproveitaron o empate de onte o Club do Mar ante un forte Malpica. Por detrás vén un Muros que, caladiño, está a tan só un punto do cadro caionés e a 3 dos camariñáns. Hoxe puideron cun O Pindo segue mellorando pero que aínda non sumou. Tampouco suma o Corcubión, que viu como nun encontro fundamental escapaban os 3 puntos ante o San Lorenzo, tamén moi necesitado de puntos. Importante vitoria do Buño ante o Nantón para seguir facendo colchón, igual que a do Mazaricos en Castriz, que na casa segue dando a de area.
A xornada da 3ª chegou intensa tamén. O Montelouro ponse de líder tras vencer a un Alcaián do que se esperaba máis, ao aproveitar que o Outes descansaba. Só un punto hai de diferencia entre ambos, e dous entre o líder e os Cabana e Coristanco, que se manteñen firmes na loita, malia que os coristanqueses non pasaban do empate ante o Independiente. Un dos partidos da xornada era ese Volantes-Cerqueda que remataba en empate, mentres o Carnota segue colocándose por aí enriba, e o Porteño parece que perde intensidade.
E ollo que o martes hai sesión futbolera. Ademais do encontro da Selección da Costa, hai xornada para a 3ª, xuvenís da Liga Norte así como cadetes e infantís. Pero o encontro que non se disputará é o do Independiente co Pereiriña, por razóns obvias.
Preferente, xornada 10
Xallas
1-4
Narón
Dumbría
2-2
Laracha
Compostela
4-0
Soneira
Dubra
1-5
Santa Comba
1ª Autonómica, xornada 9
Villestro
2-0
Ponteceso
Cee
0-0
Estudiantil
2ª Autonómica, xornada 9
Club do Mar
1-1
Malpica
Sofán
3-1
Esteirana
Corcubión
1-2
San Lorenzo
Corme
1-2
Fisterra
Camariñas
6-0
Dumbría B
Baio
2-3
Zas
O Pindo
0-3
Muros
Castriz
1-2
Mazaricos
Buño
1-0
Nantón
Ademais, o martes 1 de novembro, ás 16:45 celebrarase o Nantón-Zas da xornada 5.