Última xornada de outubro para o fútbol da Costa, que vén marcada por un grave incidente. Gabri, o xogador do Pereiriña segue nestes momentos no Hospital tras levar un golpe na cabeza tras un choque no encontro de onte cun xogador do Soneira B. O xogador, que saía polo seu propio pé do céspede, e mesmo seguira xogando tralo choque, pedíu o cambio e foi, tras rematar o partido, ao Hospital porque se mareaba lixeiramente. De contado o ingresaron tendo mesmo que operalo. Agora, toda a súa familia, o equipo ceense e a familia do fútbol da Costa terá que esperar 72 horas de longa espera para ver a evolución. Desexámoslle todo o mellor, e que pronto volvamos a velo vestido de curto.
E malia que custa seguir cos resultados, temos que destacar varias cousas. Na Preferente, só o Santa Comba deu unha nota positiva á xornada costeira, vencendo con claridade ao Dubra. I é que na 1ª, as novas non foron tampouco positivas para os Cee e Ponteceso.
Na Liga da Costa, o Camariñas volve demostrar que é un dos claros favoritos e xa está de líder en solitario tras endosarlle un set a un Dumbría B co día tonto. Os de Manolín aproveitaron o empate de onte o Club do Mar ante un forte Malpica. Por detrás vén un Muros que, caladiño, está a tan só un punto do cadro caionés e a 3 dos camariñáns. Hoxe puideron cun O Pindo segue mellorando pero que aínda non sumou.
Tampouco suma o Corcubión, que viu como nun encontro fundamental escapaban os 3 puntos ante o San Lorenzo, tamén moi necesitado de puntos. Importante vitoria do Buño ante o Nantón para seguir facendo colchón, igual que a do Mazaricos en Castriz, que na casa segue dando a de area.
A xornada da 3ª chegou intensa tamén. O Montelouro ponse de líder tras vencer a un Alcaián do que se esperaba máis, ao aproveitar que o Outes descansaba. Só un punto hai de diferencia entre ambos, e dous entre o líder e os Cabana e Coristanco, que se manteñen firmes na loita, malia que os coristanqueses non pasaban do empate ante o Independiente. Un dos partidos da xornada era ese Volantes-Cerqueda que remataba en empate, mentres o Carnota segue colocándose por aí enriba, e o Porteño parece que perde intensidade.
E ollo que o martes hai sesión futbolera. Ademais do encontro da Selección da Costa, hai xornada para a 3ª, xuvenís da Liga Norte así como cadetes e infantís. Pero o encontro que non se disputará é o do Independiente co Pereiriña, por razóns obvias.
Preferente, xornada 10
| Xallas | 1-4 | Narón |
| Dumbría | 2-2 | Laracha |
| Compostela | 4-0 | Soneira |
| Dubra | 1-5 | Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 9
| Villestro | 2-0 | Ponteceso |
| Cee | 0-0 | Estudiantil |
2ª Autonómica, xornada 9
| Club do Mar | 1-1 | Malpica |
| Sofán | 3-1 | Esteirana |
| Corcubión | 1-2 | San Lorenzo |
| Corme | 1-2 | Fisterra |
| Camariñas | 6-0 | Dumbría B |
| Baio | 2-3 | Zas |
| O Pindo | 0-3 | Muros |
| Castriz | 1-2 | Mazaricos |
| Buño | 1-0 | Nantón |
Ademais, o martes 1 de novembro, ás 16:45 celebrarase o Nantón-Zas da xornada 5.
3ª Autonómica, xornada 11
| Laxe | 5-0 | Lira |
| Xaviña | 1-4 | Carnota |
| Atl. Pereiriña | 0-4 | Soneira B |
| Cabana | 4-1 | Camelle |
| Muxía | 1-0 | Fisterra B |
| Coristanco | 1-1 | Indep. Carballo |
| Volantes | 2-2 | Cerqueda |
| Montelouro | 4-1 | Alcaián |
| Corcoesto | 1-1 | Porteño |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 7
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 7
| Muros | 2-3 | Esteirana |
| Dumbría | 5-5 | Corcubión |
| Fisterra | 6-0 | Mazaricos |
| Santa Comba | 1-4 | Cee |
| Soneira | 1-0 | Outes |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 10
| Baio | 2-0 | Corme |
| Cabana | 5-2 | Laxe |
| Muxía | 0-5 | Camariñas |
| Ponteceso | 2-7 | Dumbría B |
| Malpica | 3-1 | Coristanco |
División de Honra Cadete, xornada 7
| Pontevedra | 5-0 | Bergantiños |
2ª Cadete, xornada 8
| Fisterra | 1-1 | Coristanco |
| Ponteceso | 1-9 | Dumbría |
| Muxía | 4-2 | Porteño |
| Zas | 0-6 | Santa Comba |
| Camariñas | 0-4 | Soneira |
| Outes | 3-2 | Cabana |
| Cee | 7-0 | Muros |
| Malpica | 3-3 | Baio |
2ª Infantil, xornada 8
| Corme | 3-5 | Santa Comba |
| Dumbría | 9-0 | Os Miudos |
| Coristanco | 4-0 | E.M.F. Vimianzo |
| Cee | 8-1 | Baio |
| Esteirana | 1-10 | Cabana |
| Con. de Carnota | 9-2 | Ponteceso |
| As Baleas | 0-9 | Muxía |
Ligas de Veteranos, xornada 8
1ª División
| Nantón | 1-0 | Xv. Bergantiños |
| Buño | 7-2 | Vimianzo |
| San Román | 1-2 | Castriz |
| Bértoa | 3-0 | Camariñas |
| Zas | 2-0 | Baio |
| Ponteceso | 1-1 | Bergantiños |
| San Lorenzo | 0-0 | Corcubión |
2ª División
| Malpica | 2-1 | Sofán |
| Porteño | 1-1 | Agualada |
| Camelle | 3-0 | Dep. Carballo |
| Muros | 4-0 | At. Milagrosa |
| Soneira | 1-0 | Corcoesto |
| Cerqueda | 0-1 | Corme |
| Club do Mar | 2-5 | Coristanco |
XORNADA DO 1/11
3ª Autonómica, xornada 12
| Indep. Carballo | Aprz. | Atl. Pereiriña |
| Porteño | 01/11 - 12:00 | Montelouro |
| Carnota | 01/11 - 16:15 | Laxe |
| Fisterra B | 01/11 - 16:15 | Cabana |
| Soneira B | 01/11 - 16:15 | Muxía |
| Cerqueda | 01/11 - 16:15 | Coristanco |
| Alcaián | 01/11 - 16:15 | Volantes |
| Outes | 01/11 - 17:00 | Corcoesto |
| Camelle | 01/11 - 19:00 | Xaviña |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 11
| Corme | 01/11 - 11:00 | Cabana |
| Camariñas | 01/11 - 16:00 | Ponteceso |
| Zas | 01/11 - 16:15 | Baio |
| Laxe | 01/11 - 16:15 | Muxía |
| Dumbría B | 01/11 - 16:15 | Malpica |
2ª Cadete, xornada 9
| Porteño | 01/11 - 10:00 | Malpica |
| Esteirana | 01/11 - 10:30 | Fisterra |
| Coristanco | 01/11 - 10:30 | Ponteceso |
| Dumbría | 01/11 - 10:30 | Muxía |
| Soneira | 01/11 - 10:30 | Outes |
| Cabana | 01/11 - 11:00 | Cee |
| Santa Comba | 01/11 - 12:30 | Camariñas |
| Baio | 01/11 - 16:00 | Zas |
2ª Infantil, xornada 9
| Cabana | 31/10 - 17:00 | Con. de Carnota |
| Fisterra | 01/11 - 10:30 | Coristanco |
| Vimianzo | 01/11 - 10:30 | Esteirana |
| Outes | 01/11 - 10:30 | Corme |
| Santa Comba | 01/11 - 10:30 | As Baleas |
| Muxía | 01/11 - 10:30 | Dumbría |
| Os Miudos | 01/11 - 10:30 | Cee |
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).