Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Resultados da primeira fin de semana de temporal

Resultados da primeira fin de semana de temporal

Fin de semana de cans na Costa da Morte, onde case todos os campos estaban impracticables, ademais de sufrir os avatares do vento. Así e todo, tan só dous encontros foron suspendidos, o do Dumbría B ante o Baio e o do Alcaián co Corcoesto.

Comezamos o repaso pola Preferente, onde o máis destacado foi a vitoria do Dumbría en Vimianzo. Derrota soneirá que trae consecuencias ademais, como é a dimisión de Manolito. Ademais, o Xallas sacaba un puntiño de Laracha e iso que mereceu unha vitoria abultada tras facer o mellor partido da tempada. Mentres que o Santa Comba segue achegándose á zona alta tras superar con facilidade ao Unión.

Nefasta xornada para os nosos na 1ª Autonómica, que non sacaban nada positivo.

Na Liga da Costa, tralas sorpresas sabatinas coas vitorias do Buño en Paiosaco ante o ata onte líder, e do Sofán en Ara Solis, topamos con apuntes importantes. O Camariñas ponse de líder tras gañar en Esteiro, mentres o Muros se achega á zona alta tra superar ao Corcubión. O Malpica non pasou do empate no Cairo e queda lixeiramente descolgado.
Por abaixo, O Pindo segue sen sumar, mentres que o San Lorenzo (do que esta semana coñeciamos a súa nova bitácora) sufrían unha dura derrota ante un Castriz que xoga mellor fóra da casa que no San Pedro. Ademais O Mazaricos caía ante o Nantón nunha tarde de moito vento e pouco fútbol. Zas e Sofán saen da zona perigosa coas súas vitorias.

Interesantísima tamén a xornada na, con varios enfrontamentos directos. O líder, o Outes, empataba na Ponte do Porto, mentres que o Montelouro perdía a súa imbatibilidade en Cerqueda nun encontro de poder a poder con 7 goles. Ademais, o Carnota -Cabana acababa cun empate que demostra a igualdade na parte alta da táboa.

Apuntamos tamén a forte vitoria do Cee na Liga Xuvenil Sur, que se distancia así do Outs, ata o de onte imbatido.

Preferente, xornada 9

Laracha 1-1 Xallas
Santa Comba 4-0 Unión
Soneira1-2 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 8

Ponteceso 0-2 Imperator
Víctoria 2-1 Cee

2ª Autonómica, xornada 8

Club do Mar 1-2 Buño
Fisterra 1-2 Sofán
Malpica 2-2 Corme
Dumbría B * Susp. Baio
Zas5-1 O Pindo
Muros 2-0 Corcubión
San Lorenzo1-4Castriz
Mazaricos 0-1Nantón
Esteirana 1-3 Camariñas

* Suspendido polo temporal.

3ª Autonómica, xornada10

Lira 1-1Xaviña
Camelle 1-2 Muxía
Soneira B 1-3Coristanco
Indep. Carballo 2-5 Volantes
Carnota 2-2 Cabana
Fisterra B 4-3Atl. Pereiriña
Cerqueda 4-3 Montelouro
Alcaián* Susp.Corcoesto
Porteño 2-2 Outes

* Suspendido polo temporal.

Liga Nacional Xuvenil, xornada 6

Bergantiños 2-1Val Miñor

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 6

Esteirana 3-1 Dumbría
Muros 1-7 Soneira
Corcubión 0-0 Fisterra
Mazaricos 2-3 Santa Comba
Cee 5-1 Outes

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 9

Corme 1-0 Zas
Laxe 1-4 Baio
Camariñas 5-2 Cabana
Dumbría B 18-0 Muxía
Coristanco 2-5 Ponteceso

División de Honra Cadete, xornada 6

Bergantiños 2-2 Residencia

2ª Cadete, xornada 7

Coristanco 0-7Esteirana
Dumbría 8-1 Fisterra
Baio 3-0 Muxía
Soneira 6-0 Zas
Cabana 6-3Camariñas
Muros 0-4Outes
Santa Comba 4-0Malpica
Porteño 2-4 Ponteceso

2ª Infantil, xornada 7

EMF Vimianzo 2-4Fisterra
Cabana 6-2 Coristanco
Outes 1-3 Con. de Carnota
Muxía 3-5 Corme
Os Miudos 2-2 As Baleas
Baio 1-5 Dumbría
Ponteceso 8-7 Esteirana

Ligas de Veteranos, xornada 7

1ª División

Bergantiños 2-0 Zas
Xv. Bergantiños 0-0 Cabana
Vimianzo 2-4 Nantón
Castriz 1-2 Buño
Camariñas 0-3 San Román
Corcubión 2-0 Ponteceso
Baio 5-3 Bértoa

2ª División

At. Milagrosa 1-1 Camelle
Sofán 2-2 Porteño
Leiloio 4-4 Malpica
Dep. Carballo 0-1 Agualada
Corcoesto 1-2 Muros
Corme 1-7 Soneira
Coristanco 3-1 Cerqueda

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios