Volveu o ·futboldacosta a vivir unha nova xornada completa tralo parón de Semana Santa. E o fixo con moitas novidades importantes nas categorías costeiras.
Antes de ir coa crónica da xornada queremos, iso si, achegarnos ata o Pino do Val, onde o equipo do programa da TVG Tourilandia realizou un partido amigable ante o Mazaricos CF. Un partido que contou cos Xosé Touriñán, Terio Carrera, David Amor... e que quedou cun empate a 5 que só se desempatou na noite festeixeira de Santa Comba...
E imos xa co repaso á xornada, comezando pola Preferente. E boas novas esta fin de semana, con vitorias do Dumbría, Soneira e do Santa Comba, tan importantes tanto polo medio como por abaixo e por arriba. O Xallas non pasou do empate ante o Xove Lago.
En 1ª, novemente doble derrota. O Ponteceso caía na casa ante o Carral tras dominar máis dunha hora de xogo pero dous erros defensivos sentenciaron aos de Marco. Pola súa banda, ao Cee estáselle a facer demasiado longa e só a boa tempada dos xuvenís e a de Berto, que mesmo marcou, son boas novas para os ceenses.
Na Liga da Costa, moitas e importantes novas. O Club do Mar deu un salto tremendo tras vencer en Zas pola mínima, e tralas derrotas de Camariñas e Fisterra. Deste xeito o Club do Mar xa pode celebrar o ascenso pois asegura a segunda praza, unha vez que 3º se sitúa o Malpica (tras vencer ao Dumbría B no último minuto) pero a 13 puntos a falta de 4 partidos. A loita pola 3ª e 4ª praza segue aberta e hoxe queda o Fisterra fóra trala vitoria do Corme en Muros.
Por abaixo tamén houbo cousas claves. A derrota do Zas e o empate do Nantón deixan aos dous conxuntos como case que os dous únicos candidatos a loitar por evitar o descenso. Mazaricos, verdugo do Camariñas; Corcubión, verdugo do Buño; e Castriz, verdugo do Pindo, case que finiquitaron a permanencia.
Na 3ª da Costa tamén houbo cousas salientables. O Carnota mantén o liderato e o pulso ao Outes tras vencer en Camelle. I é que o Outes tiña unha dura pedra de toque no sempre ateigado Conchido, que lle axudaba a superar ao Coristanco. O Cabana segue firme na 3ª praza e facía dano en Cerqueda cunha derrota que pon a Rochichioli fóra do equipo malpicán tras presentar a súa dimisión. O Volantes sobe posicións ras superar ao pechacancelas, pero a loita polas prazas 4ª, 5ª e 6ª segue fervendo. Volantes, Cerqueda, Montelouro e Coristanco móvense nunha marxe de só 2 puntos, se ben Porteño e Laxe segue a 5 puntos esperando os erros de alo menos 2 equipos.
Na Liguilla de Xuvenís as cousas cada vez están máis apretadas. O Baio superaba ao Dumbría B bo partido máis igualado da semana, quedando agora ambos fóra dos dous postos, por debaixo de Malpica e Cee, que superaba ao Corcubión nun choque que rematou con tangana e que repasaremos o martes.
Ademais xa están perfilandos os cuartos da Copa de Xuvenís, unha vez que se completaron as 10 xornadas da Liguilla Previa. Outes, Esteirana e Muros quedan fóra. A vindeira semana comezan xa os cuartos.
Xornada tamén importante en infantís, onde o Dumbría endosou un 8-0 ao Cabana cando chegaban os dous equipos igualados a falta de 4 xornadas. Con esta vitoria os dumbrieses deixan tocados aos cabaneses, e parece que miran cara o título unha vez que só perderon 3 puntos no que vai de campionato.
Ademais cómpre apuntar a vitoria da Fase Intercomarcal Infantil de fútbol sala da Esteirana, tras vencer por penaltis ao Carnota. Unha Esteirana que ten tamén cita a vindeira fin de semana para completar o ascenso á Liga Galega Cadete ante o Lobelle.
E para rematar o repaso, en Veteranos, Castriz e San Román loitarán, tras desprazar ao Corcubión, polo campionato na 1ª División.
Preferente, xornada 32
Dumbría
3-0
Ribadeo
Foz
0-4
Santa Comba
Xallas
2-2
Xove Lago
Dubra
1-2
Soneira
1ª Autonómica, xornada 30
Ponteceso
0-2
Carral
Olímpico
5-1
Cee
2ª Autonómica, xornada 30
Corcubión
3-2
Buño
Esteirana
2-0
Fisterra
Dumbría B
0-1
Malpica
Zas
0-1
Club do Mar
Muros
0-1
Corme
San Lorenzo
3-2
Sofán
Mazaricos
2-1
Camariñas
Nantón
2-2
Baio
Castriz
3-1
O Pindo
3ª Autonómica, xornada 34
Indep. Carballo
2-2
Xaviña
Cerqueda
0-1
Cabana
Camelle
0-2
Carnota
Fisterra B
1-4
Lira
Soneira B
0-1
Laxe
Alcaián
8-1
Muxía
Porteño
5-0
Atl. Pereiriña
Outes
3-1
Coristanco
Corcoesto
0-4
Volantes
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10