Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xa temos cadro da Copa da Costa 2012

Xa temos cadro da Copa da Costa 2012
Xa esta feito o sorteo da 49ª edición da Copa da Costa 2012. Facía anos que non coñeciamos os emparellamentos tan cedo, coa nova xunta directiva da Federación parece que o que cambiaron foron os tempos, pois a final tamén se xogará no seu último partido o 24 de xuño e non nos iremos a xullo como nas última edicións. Como diciamos parece que foi o que cambiou, pois o espectáculo vivido na reunión foi o dos outros anos. Por parte de Federación asistiron Diego Batalla, Benxamín Amigo e Gerpe. Houbo un par de votacións de xogar en Semana Santa ou non, a cal acabou en empate, pero o cambio do voto dun club a posteriori deixou a decisión nun non. Logo votouse de xogar a previa a un único partido, e contra o que poida parecer, os clubes de Terceira Autonómica votaron maioritariamente xogar a dobre partido e os de maior categoría a un partido. Un ano máis a reunión da Copa foi o evento de maior convocatoria dos clubs, pero o que maior exemplifica a falta de entendemento entre eles. Así as datas escollidas para xogarse serán: a previa será os días 21 e 28 de abril, os dezaseiavos serán o 1 e 5 de maio, os oitavos o 12 e 17 de maio, cuartos o 20 e 27 de maio, ás semifinais 3 e 10 de xuño e a final os días 17 e 24 de xuño. Non se xoga en Semana Santa, pero si se fará nos festivos do 1 e 17 de maio, un martes e un xoves, respectivamente. Ata o 12 de maio os partidos de copa xogaranse os sábados, pois os equipos terán que simultanear copa e liga no mesmo fin de semana, xa que as ligas rematan o 13 de maio, salvo a de Preferente que se vai ata o 27 de maio, para eses equipos a eliminatoria de cuartos terá que ser acordada co seu rival para compatibilizar coa liga.

Emparellamentos

Xa temos o cadro colgado con todos os emparallamentos en www.copadacosta.com/cadro. Os enfrotamentos da previa, que ninguén quería, serán: Corcubión-Lira, Mazaricos-San Lorenzo, Esteirana-Baio, Outes-Camariñas e Fisterra-Montelouro. Dos equipos de Preferente, máximos candidatos ao título, a sorte foi dispar. O Dumbría vai ter unha pedra de toque dura para comezar, pois terá que enfrontarse ao Club do Mar, actual lider da liga da Costa, aínda que despois ten un camiño relativamente doado para chegar a semifinais. O Xallas pode ser o que máis sorte tivera, aparentemente o rival máis complicado podería ser un practicamente descendido Cee, pero que na copa cambia bastante a cara. O actual campión da copa, o Soneira, comezará co Cerqueda en dezaseiavos e logo veríase co gaññador do Coristanco-Muros, a primeira pedra podería tela en cuartos, nos que se enfrontaría co Santa Comba, que para chegar tería que desfacerse do Malpica primeiro e despois presumiblemente do Ponteceso ou Fisterra. O destino quixo que David Blanco, recén fichado polo Malpica, se teña que enfrontar en primeira ronda aos seus excompañeiros ata fai un par de días.

Máis información

Crónicas da semana

Nova relacionadas

Fonte

Comentarios