A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos

18:15 08/03/12

Ascensos de 2ª a 1ª
De 2ª a 1ª, subirán os que sexan necesarios para completar os 18 equipos do novo Grupo de 1ª de Santiago (queda pendente o do Club do Mar, en principio con intención de ir á 1ª coruñesa). De primeiras, as previsións indican que subirán os 4 primeiros equipos de cada un dos 3 grupos da 2ª Autonómica. De haberen máis prazas de ascenso, e sexan inferior a 3 faríase un playoff entre os tres 5º clasificados das 2ª Autonómicas, para decidir os ascendidos. A estimación está entre 4 e 5 ascensos, pero ao mesmo tempo todo queda pendente do efecto cascada. Por exemplo se descendesen os Soneira, Santiago de Compostela ou Unión (que nestes momentos non están en postos de descenso directo pero si poderían ser arrastrados polos da 3ª División), restaríase unha ou varias prazas de ascenso dende os 3 grupos da 2ª Autonómica.Ascensos de 3ª a 2ª
De 3ª á Liga da Costa as cousas están algo máis claras: soben os 2 primeiros directos e un máis a través dun playoff, logo de haber máis prazas, que se estima que si, irán subindo segundo queden clasificados nese playoff. Disputarán unha promoción os clasificados do 3º ao 6º posto por sistema de Copa a dobre partido, enfrontándose 6º-3º e 5º-4º. Os gañadores destas semifinais, xogarán entre eles, e o que gañe dunha eliminatoria a doble partido, ascende seguro. Pero é máis que probable que sexan máis de 3 os ascensos. Así, se sobe 1 máis sería o outro finalista. Pero se aínda hai un 5º posto de ascenso a Federación indicounos que se decidirá noutra nova eliminatoria entre os dous semifinalistas perdedores, tamén a doble partido, e xa case que en agosto.Reunión da Liga da Costa

Reunión da Liga da Costa
Así mesmo, Asociación de Clubes de Fútbol Federados da Costa da Morte realizaba a finais de mes unha importante Asamblea Xeral de Socios. Dos máis de 50 clubes da bisbarra estaban representados 14 (Corcubión, Mazaricos, Outes, Ponteceso, Zas, Club do Mar, Cabana, Corme, Baio, Muros, Volantes, Cee, Esteirana, Dumbría), dando conta de que fai falta máis implicación dos clubes para unha necesaria asociación para o crecemento do #futboldacosta.
A entidade asinou acordos importantes, como a apertura do prazo para a modificación de estatutos. Ademais tratou os seguintes asuntos:
- 50º Aniversario da Copa da Costa: comezar a establecer contactos coa Federación para coordinar eventos para conmemorar a data, como exposiciónunha de trofeos, a edición dun libro, charlas... e mesmo a creación dun trofeo especial para a temporada.
- Seleccións da Costa da Morte: en principio Berto e Manu Roque serán os adestradores da selección de maiores, pero xa se creou a Selección Infantil da Costa da Morte, que en principio coordinará Vinto, presidente de Os Miúdos. Ano a ano a asociación quere ir creando novas categorías. A idea é que os campións das categorías inferiores poderán xogar un partido contra a selección da mesa categoría.
- I Gala do Fútbol da Costa da Morte, para premiar aos mellores xogares, equipos... Andan na procura da sede para a que está aberta o prazo ata o 31 deste mes de marzo. A idea é facer un gran día a comezos do verán do Fútbol da Costa, con partidos entre campións e seleccións pola mañá, unha gran churrascada para xantar e a Gala pola noite.
- Transmitir a F.G.F. o malestar dos clubes polo prazo de fichaxe de xogadores en categorías inferiores. "Que pasa aquí? para fichar xogares tes de prazo maximo ata 4 xornadas antes de rematar a Liga, pero en xuvenís só se pode fichar ata xaneiro, mentres na Coruña poden fichar ata mediados de maio", explica Manuel Caamaño.
- Púxose na mesa a proposta de revisar o tema dos ascensos, e propoñerlle á federación que cada ano ascenda da Liga da Costa un equipo á 1ª da Coruña e a outro a 1ª de Santiago, en función de onde sexa o equipo.
Nova relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
- Fases Xuvenís: Unha liga interesante e dúas Copas mortas.
- 3ª Autonómica: Xornada atípica e con incertidume.
- 2ª Autonómica: Xornada apretada por abaixo.
- Preferente: Só suma o Xallas e o Santa Comba segue recuperando o tono.
- 1ª Autonómica: Empate técnico.
- Resultados do #futboldacosta na primeira xornada de marzo.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con José Carlos e Piña.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).