Volveu o
·futboldacosta a vivir unha nova xornada completa tralo parón de Semana Santa. E o fixo con moitas novidades importantes nas categorías costeiras.
Antes de ir coa crónica da xornada queremos, iso si, achegarnos ata o Pino do Val, onde
o equipo do programa da TVG Tourilandia realizou un partido amigable ante o Mazaricos CF. Un partido que contou cos Xosé Touriñán, Terio Carrera, David Amor... e que quedou cun
empate a 5 que só se desempatou na noite festeixeira de Santa Comba...
E imos xa co repaso á xornada, comezando pola
Preferente. E boas novas esta fin de semana, con vitorias do Dumbría, Soneira e do Santa Comba, tan importantes tanto polo medio como por abaixo e por arriba. O Xallas non pasou do empate ante o Xove Lago.
En 1ª, novemente doble derrota. O Ponteceso caía na casa ante o Carral tras dominar máis dunha hora de xogo pero dous erros defensivos sentenciaron aos de Marco. Pola súa banda, ao Cee estáselle a facer demasiado longa e só a boa tempada dos xuvenís e a de Berto, que mesmo marcou, son boas novas para os ceenses.
Na
Liga da Costa, moitas e importantes novas. O Club do Mar deu un salto tremendo tras vencer en Zas pola mínima, e tralas derrotas de Camariñas e Fisterra. Deste xeito
o Club do Mar xa pode celebrar o ascenso pois asegura a segunda praza, unha vez que 3º se sitúa o Malpica (tras vencer ao Dumbría B no último minuto) pero a 13 puntos a falta de 4 partidos. A loita pola 3ª e 4ª praza segue aberta e hoxe queda o Fisterra fóra trala vitoria do Corme en Muros.
Por abaixo tamén houbo cousas claves.
A derrota do Zas e o empate do Nantón deixan aos dous conxuntos como case que os dous únicos candidatos a loitar por evitar o descenso. Mazaricos, verdugo do Camariñas; Corcubión, verdugo do Buño; e Castriz, verdugo do Pindo, case que finiquitaron a permanencia.
Na
3ª da Costa tamén houbo cousas salientables. O
Carnota mantén o liderato e o pulso ao Outes tras vencer en Camelle. I é que o
Outes tiña unha dura pedra de toque no
sempre ateigado Conchido, que lle axudaba a superar ao
Coristanco. O
Cabana segue firme na 3ª praza e facía dano en Cerqueda cunha derrota que pon a Rochichioli fóra do equipo malpicán tras presentar a súa dimisión. O Volantes sobe posicións ras superar ao pechacancelas, pero a loita polas prazas 4ª, 5ª e 6ª segue fervendo.
Volantes, Cerqueda, Montelouro e Coristanco móvense nunha marxe de só 2 puntos, se ben Porteño e Laxe segue a 5 puntos esperando os erros de alo menos 2 equipos.
Na
Liguilla de Xuvenís as cousas cada vez están máis apretadas. O Baio superaba ao Dumbría B bo partido máis igualado da semana, quedando agora ambos fóra dos dous postos, por debaixo de Malpica e Cee, que superaba ao Corcubión nun choque que rematou con tangana e que repasaremos o martes.
Ademais xa están perfilandos os cuartos da
Copa de Xuvenís, unha vez que se completaron as 10 xornadas da Liguilla Previa. Outes, Esteirana e Muros quedan fóra. A vindeira semana comezan xa os cuartos.
Xornada tamén importante en
infantís,
onde o Dumbría endosou un 8-0 ao Cabana cando chegaban os dous equipos igualados a falta de 4 xornadas. Con esta vitoria os dumbrieses deixan tocados aos cabaneses, e parece que miran cara o título unha vez que só perderon 3 puntos no que vai de campionato.
Ademais cómpre apuntar
a vitoria da Fase Intercomarcal Infantil de fútbol sala da Esteirana, tras vencer por penaltis ao Carnota. Unha
Esteirana que ten tamén cita a vindeira fin de semana para completar o ascenso á Liga Galega Cadete ante o Lobelle.
E para rematar o repaso, en
Veteranos,
Castriz e San Román loitarán, tras desprazar ao Corcubión, polo campionato na 1ª División.
Preferente, xornada 32
Dumbría |
3-0 |
Ribadeo |
Foz |
0-4 |
Santa Comba |
Xallas |
2-2 |
Xove Lago |
Dubra |
1-2 |
Soneira |
1ª Autonómica, xornada 30
Ponteceso |
0-2 |
Carral |
Olímpico |
5-1 |
Cee |
2ª Autonómica, xornada 30
Corcubión |
3-2 |
Buño |
Esteirana |
2-0 |
Fisterra |
Dumbría B |
0-1 |
Malpica |
Zas |
0-1 |
Club do Mar |
Muros |
0-1 |
Corme |
San Lorenzo |
3-2 |
Sofán |
Mazaricos |
2-1 |
Camariñas |
Nantón |
2-2 |
Baio |
Castriz |
3-1 |
O Pindo |
3ª Autonómica, xornada 34
Indep. Carballo |
2-2 |
Xaviña |
Cerqueda |
0-1 |
Cabana |
Camelle |
0-2 |
Carnota |
Fisterra B |
1-4 |
Lira |
Soneira B |
0-1 |
Laxe |
Alcaián |
8-1 |
Muxía |
Porteño |
5-0 |
Atl. Pereiriña |
Outes |
3-1 |
Coristanco |
Corcoesto |
0-4 |
Volantes |
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10
Soneira |
1-1 |
Santa Comba |
Baio |
1-0 |
Dumbría B |
Cee |
3-0 |
Corcubión |
Camariñas |
0-8 |
Malpica |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 10
Esteirana |
0-5 |
Zas |
Fisterra |
3-1 |
Coristanco |
Outes |
5-0 |
Dumbría |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 10
Cabana |
6-0 |
Corme |
Muros |
0-2 |
Ponteceso |
Descansa Mazaricos |
Copa da Costa Xuvenil, Cadro dos Cuartos
2ª Cadete, xornada 30
Cabana |
0-5 |
Santa Comba |
Muxía |
3-0 |
Ponteceso |
Zas |
0-10 |
Esteirana |
Camariñas |
3-0 |
Coristanco |
Muros |
3-2 |
Baio |
Malpica |
2-1 |
Fisterra |
Cee |
9-0 |
Porteño |
Outes |
0-4 |
Dumbría |
2ª Infantil, xornada 30
Dumbría |
8-0 |
Cabana |
Con. de Carnota |
7-1 |
Esteirana |
Corme |
1-4 |
Fisterra |
Baio |
2-2 |
Outes |
E.D. Os Miudos |
0-5 |
Santa Comba |
Cee |
3-3 |
Ponteceso |
As Baleas |
7-2 |
E.M.F. Vimianzo |
Ligas de Veteranos, xornada 28
1ª División
Bergantiños |
3-0 |
Camariñas |
Zas |
0-1 |
Cabana |
Bértoa |
1-2 |
Nantón |
San Román |
3-0 |
Buño |
Ponteceso |
2-3 |
Xv. Bergantiños |
San Lorenzo |
8-1 |
Vimianzo |
Corcubión |
1-3 |
Castriz |
2ª División
Porteño |
4-3 |
Club do Mar |
Sofán |
0-0 |
Muros |
Soneira |
5-1 |
Leiloio |
Cerqueda |
2-0 |
Malpica |
Camelle |
1-0 |
Agualada |
Corme |
0-3 |
At. Milagrosa |
Coristanco |
9-1 |
Dep. Carballo |
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte