Volveu o fútbol da Costa tralo parón de Nadal. Dúas semanas sen partidos pero esta fin de semana voltou completa, se ben os Veteranos aínda non retomaron a competición e só disputaron 3 encontros aprazados no seu día, e que afianzan ao Corcubión no liderato, por diante de San Román e Castriz.
Na xornada de hoxe da Preferente temos que salientar a sorpresa en Fontenla onde un necesitadísimo Soneira sacou 3 puntazos tras vencer ao poderoso Santa Comba. Unha vitoria que saca ao Soneira dos postos de descenso, e que deixa aos laranxas aínda entre os 4 primeiros, pero máis lonxe da 2ª posición. Alegría deuna tamén o Xallas, vencendo ao Unión, mentres que o Dumbría caía estrepitosamente en Boiro.
Non foron moi bos resultados para os nosos na 1ª. O Ponteceso perdía con claridade ante o Estudiantil. Mentres, o Cee rompeu a mala racha de resultados e conseguía un puntiño ante o Imperátor, rival directo na fronteira do descenso do que o separan 4 puntos.
Na Liga da Costa, Club do Mar e Camariñas non fallaban. Por detrás o Fisterra tampouco deixaba vivir ao San Lorenzo. E o Baio xa está 4º tras superar ao Buño. Por abaixo só sumaba o novo e aguerrido Zas de Corredoira, que arrincaba un punto do Conco, e o Corcubión, xa na metade da táboa, que empataba en Sofán.
Xornada completa e interesantísimoa na 3ª. O Volantes gañaba ao líder o Cabana en Miraflores, o que dá conta da igualdade entre os da metade superior da táboa. Pero os cabaneses seguen líderes así e todo, 2 puntos por diante do Outes e Coristanco, que non fallaban. Quen si fallou foi o Carnota, que se viron superados polo Porteño, que tamén se mete na loita. Montelouro e Cerqueda tamén gañaban e poñen a loita pola 6ª praza tremendamente interesante.
En xuvenís, segue aberta a loita por entrar entre os 4 primeiros para a fase de ascenso nas dúas ligas. Polo sur, onde o Cee segue ao seu ritmo, é agora o Outes (que caía ante os de José Carlos) os que quedan fóra dos 4 postos a falta de 3 xornadas. O Santa Comba e o Soneira, que gañaban, suman un punto máis que os da Serra, mentres que o Fisterra case ten asegurada a presencia na seguinte fase con 5 puntos de vantaxe sobre o 5º.
Polo norte queda momentaneamente o Ponteceso fóra da seguinte fase tras caer con este "Malpica Dinamita". O Baio e o Camariñas empataba e manteñen intactas as súas opcións, e o Dumbría B acadaba un empate ante o Cabana que o mantén con 10 puntos de vantaxe sobre o Ponteceso.
Preferente, xornada 18
Boiro
5-0
Dumbría
Santa Comba
0-2
Soneira
Unión
1-2
Xallas
1ª Autonómica, xornada 17
Estudiantil
5-0
Ponteceso
Cee
1-1
Imperator
2ª Autonómica, xornada 17
Fisterra
5-1
San Lorenzo
Club do Mar
3-0
Nantón
Dumbría B
0-0
Zas
Esteirana
3-1
Muros
Malpica
3-0
Mazaricos
Corme
3-1
Castriz
Sofán
0-0
Corcubión
Camariñas
0-0
O Pindo
Baio
4-0
Buño
3ª Autonómica, xornada 21
Porteño
1-0
Carnota
Volantes
3-1
Cabana
Indep. Carballo
4-1
Soneira B
Coristanco
3-0
Muxía
Montelouro
6-1
Xaviña
Corcoesto
2-1
Laxe
Alcaián
4-2
Camelle
Cerqueda
2-0
Fisterra B
Outes
2-1
Lira
* Alcaián - Corcoesto (5-1). Partido aprazado da xornada 10 xogado o día de reis.