Venres. 29.03.2024
El tiempo

O poder dos Miúdos

O poder dos Miúdos
Queremos facer fincapé na importancia dos clubes deportivos que permiten que milleiros de cativos na Costa da Morte poidan facer deporte. Deste xeito, personalizamos na labor dun equipo a todos os que fan posible que as categorías do fútbol base sigan crecendo, sempre coa intención de formar persoas, de formar xogadores, e non só de formar gañadores. Imos hoxe ata Muros, para coñecer un pouco mellor á Escola Deportiva Os Miúdos. Ata 84 nenos repartidos en 6 equipos (un de prebenxamín, dous de benxamíns, dous de alevíns e un de infantís) disfrutan do deporte rei na Costa da Morte na vila muradá en todas as súas modalidades: fútbol 7, fútbol sala e fútbol 11. A labor da directiva, comandada por Recesvinto Tajes é impresionante, a pesar das continúas dificultades e os últimos recortes. Os cativos poden así xogar ao seu deporte favorito, e o fan de balde, malia os pais xa teñen apuntado que poderían axudar para federar aos pequenos xogadores pero no clube se empeñan de que ten que ser un servizo á veciñanza. Un clube que disfrutou do seu máximo esplendor no 2009, cando venceron en Dumbría o Campionato en Categoría Benxamín das Ligas Escolares organizada polo Clube Deportivo Costa da Morte. Alí viviron o sabor da vitoria, pero máis importante é vivir o sabor do día a día, da convivencia, do compañerismo.

Máis información

Máis novas

Fonte

Comentarios