Se o Dumbría certificaba o seu pase ás semifinais Copa da Costa o pasado xoves, esta mañá de sábado facía o propio o Xallas, tras vencer ao Cee pola mínima. Final pois desta longa tempada para o Cee, que ten que pensar xa no seu regreso á Liga da Costa.
Así, haberá semifinal xalleira tralo divertido 4-3 dos laranxas ao Soneira.
Ademais, xa temos campión da Copa Xuvenil: O Zas. O cadro de Corredoira apuraba un 0-0 en San Andrés (co 2-2 nas Redondas) ante un Cabana de Carracedo máis incisivo, pero a veteranía e firmeza dos zaense.
E un barro na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Baio e Malpica case que din adeus ao soño do ascenso tralas severas derrotas cos equipos de Santiago.. O Baio caía 5-0 nun campo de area de San Marcos, mentres que o Malpica caía 0-3 na casa co Lalín tras varios regalos xalleiros.
En cadetes, o Santa Comba caía 0-1 ante o Negreira, tamén tras un regalo da defensa local. Deste xeito, só o Dumbría encarrilou a primeira eliminatoria, ao superar 0-2 ao Cordeiro na mañá do domingo.
E na xornada dominical domingo, o Corme fixo valer a súa pegada cun 2-0 nos últimos minutos e se enfrontará ao Dumbría nas semis da Copa. Ademais, a Fase de Ascenso queda medio pendente, pois o encontro entre Cerqueda e Volantes, cando o Cerqueda encarrilaba a remontada, foi suspendido por un botellazo ao colexiado. Quen si certificou o seu pase, foi o Montelouro, que caía 3-1 pero un tanto de Pesco dáballe o ascenso aos muradáns.
Preferente, xornada 38
Unión
1-2
Dumbría
Dubra
0-3
Xallas
Santa Comba
2-0
Laracha
Grixoa
1-1
Soneira
Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica
5-2
Volantes - Cerqueda
Susp*
2-0
Montelouro - Cabana
1-3
* Partido suspendido no minuto 65 co resultado favorable ao Cerqueda por 2-0