Santi Soneira, sexto mellor arqueiro de España

Non para Santi

Santi Soneira no Campionato de Espana de Sala de Tiro con Arco Espido Soneira, o arqueiro baiés da A. Su A Agra. Marchou a pasada fin de semana ata Benalmadena (Málaga), para participar no Campionato de España de sala arco tradicional e arco espido 2018. E despois dos rotundos éxitos a nivel galego, Soneira volve cun máis que satisfactorio 6º posto estatal.

As primeiras roldas deixaban ao baiés no posto 20º, e pasou os dezaseisavos de final por unha soa frecha, e cun axustado empate ante o aragonés Mariano Mur. Máis complicadas se puñan as cousas en Oitavos, onde tiña que enfrontarse a Cristian Pérez, que nas tandas clasificatorias alcanzou a 4º posición. Tras un mal comezo, e indo 1-5 abaixo, conseguiu empatar, e na última frecha volveu vencer, alcanzando a máxima puntuación un 6 por un 4 de Cristian.

Na eliminatoria de cuartos enfrontaríase a Josep Pla Aymerich de Cataluña que se clasificou de 5ª o sábado. A eliminatoria chegou a estar 4-4 e no ultimo set antes de ter que jugarsela de novo a data de desempate o catalán levaríase a vitoria por 1 punto co que gañou 6-4 a eliminatoria.

Ata aqui chegou a participación do noso arquero que caendo en cuartos de final alcanzaría o 6º posto final en devandito campionato.

Novas relacionadas

Máis novas

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)