Tan só o Fisober de Autonómica saca algo positivo da xornada de fútbol sala feminino

Un empate e unha derrota foi o saldo dos equipos do Fisober esta fin de semana, por outra derrota por parte do Ponteceso FSF, que non podía sacar nada positivo do Pino. O Fisober B caia derrotado en Santa Comba ante o Viaxes Amarelle por 7-2, mentres que o equipo de Autonómica conseguia un meritorio empate ante o Cidade de Ourense, equipo filial do actual líder da División de Honor femenina.

Liga Provincial Feminina

Ponteceso FSF

Partido correspondente a la 9ª Xornada da liga Provincial Feminina, que enfrontou ó C.F.S.F. O Pino e ó Concello de Ponteceso, encontro disputado o sábado 27 de novembro no Pabillón C.P.I. O Pino, que finalizou co resultado de 6-0 a favor do equipo local.

Datos do encontro

  • Resultado: O Pino, 6 - Ponteceso, 0.
  • Concello Ponteceso FSF: Salomé, Silvia, Iria, Chris e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron Ana, Martina e Tamara.
  • Goles: 1-0 (min. 5) Laura. 2-0 (min. 12) Laura. 3-0 (min. 20) Laura. 4-0 (min. 23) Laura. 5-0 (min. 43) María. 6-0 (min. 48) Laura.
Moi mermado viaxou o equipo de Ponteceso a O Pino posto que un virus gripal afectou a 9 xogadoras, polo que soamente viaxaron 8 das que dúas estaban lesionadas, e tendo incluso que xogar uns minutos. O equipo de O Pino marca as diferencias pola súa xogadora Laura, que neste partido marcou 5 goles e está como pichichi aventaxada no campeonato, xogadora de moito nivel que ven de categorías moi superiores. O Concello de Ponteceso, cun equipo sen apenas cambios, costoulle acostumarse as baixas temperaturas do pabillón, e xa nos descanso perdía por un contundenete 4-0, tódolos goles en xogada individual da pivote Laura que foi unha pesadilla para as xogadoras Pontecesanas. Xa na segunda parte, o equipo mostrouse máis contundente en ataque coma en defensa, chegando a estrelar dous balóns no pao da portería contraria, aínda que a escased de banquillo fixo que tuveran que dosificarse no esforzo.

Fisober B

Datos do encontro

  • Resultado: Viaxes Amarelle, 7 - Fisober B, 2.
  • Fisober: Eva, Ylenia, Noelia, Mirella e María. Tamén xogaron: Lara e Andrea.
  • Goles: 1-0: Maria; 2-0: Cruz; 3-0: Maria; 3-1: Ylenia; 4-1: Cruz; 5-1: María; 6-1: Cruz; 6-2: Noelia; 7-2: Cruz.
O peor partido da temporada o xogado polo filial do Fisober ante un rival directo como era o Viaxes Amarelle. Saíron dormidas as rapazas de Luis e Jordi e xa nos primeiros minutos encaixaron tres goles que sentenciaron o partido. A segunda parte foi similar á primeira cun Amarelle mais metido no partido e dispoñendo de infinidad de ocasións ante a deixadez das xogadoras do equipo vimiancés o que supuxo o abultado resultado final.

Liga Autonómica

Datos do encontro

  • Resultado: Cidade de Ourense, 5 - Fisober Concello Vimianzo, 5.
  • Fisober C. Vimianzo: Paula (p), Elsa, Patri, Ana e Andrea. Tamén xogaron: Noelia, Alba e Olalla.
  • Goles: 0-1: Teresa; 1-1: Alba; 2-1: Patri; 2-2: Angela; 3-2: Cristina; 3-3: Ana; 4-3: Angela; 4-4: Patri; 4-5: Andrea; 5-5: Cristina.
Viaxaban as rapazas do Concello de Vimianzo ata terras ourensanas cas baixas de Eva e Barca a enfrontarse contra o 4º clasificado, o Cidade de Ourense, no mítico Polideportivo dos Remedios, e non defraudaron. O partido foi de constantes alternativas no marcador, realizando as xogadoras de Chans e Fran un gran desgaste físico ante un rival que desde o principio sacou porteira xogadora e presionaba a saida do balón desde moi arriba. Como nota positiva cabe destacar o debut na Liga Autonómica de Noelia García Costa, xogadora do equipo filial, e que foi felicitada pola suas compañeiras ó final polo gran traballo que fixo durante o partido.

Vindeira semana

  • A próxima semana O Concello de Ponteceso recibe na casa ó Sobrado Xuv. Panadería Vázquez, xunto co Sada ó un dos mellores equipos da categoría o sábado 4 ás 17:00 horas no pabilón municipal de Ponteceso.
  • Tamén na Liga Provincial, o Fisober B C. Vimianzo enfrontarase ó CFSF O Pino.
  • Pola súa banda o Fisober C. Vimianzo da Liga Autonómica recibirá ó Leis Pontevedra, primer clasificado da Liga.

Fútbol 11 liga nacional

O Orzán de Barca Toba, Sara Vázquez e Eva Lago derrotaba ó León por 1-3, Barca e Sara xogaban todo o partido e Eva entraba no minuto 65. O terceiro gol era anotado pola xogadora muxiana Barca e con esta vitoria o equipo herculino rompe a mala xeira de resultados que levaba, xa que facia máis de un mes que non conseguían a vitoria. A vindeira semana recibirán no campo de A Torre ó Escuela Fútbol Mareo de Xixón.

Fútbol sala división de prata

O Poio da muxiana Nuria Paz derrotaba ó ADAE Simancas de Madrid por 3-7, a xogadora de Quintans anotaba 1 goles e o equipo pontevedrés continua invicto no alto da clasificación e cas opción intactas para conseguir o ascenso a División de Honra. A competición na División de Plata sufrirá un parón nas vindeiras duas semanas debido a disputa do Mundial de fútbol sala femenino que tera lugar en Madrid desde o 6 ata o 12 de decembro.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS.