O Fisober nota o salto de categoría
 
          
    10:03 25/08/10 
            
                  
Desta vez foi en Vigo e ante o Bembrive FS a derrota das rapazas do  Fisober. I é que as de Fran Toba e Iván Chans están notando o salto de  categoría.  O equipo dirixido esta fin de semana por Jemisa aguantou a primeira metade, pero un gol ao fío do descanso matou as esperanzas das da Costa. Ao remate, o marcador sinalaba un 8-0 que non reflectiu a igualdade na pista.
                              Liga Autonómica, xornada 2
- Resultado: Bembrive FS - Fisober C. Vimianzo (8-0)
- Fisober: Paula (p), Elsa, Patri, Ana e Barca. Tamén xogaron: Alba, Andrea e Mirella.
Vindeiras citas
A vindeira semana disputaranse dous partidos no Pavillón de Vimianzo, o equipo B do Fisober debutara na Liga provincial ante o Espartanas FSF de Arteixo ás 16:30h e o equipo de autonomica recibirá o Concello de As Burgas de Ourense ás 18:00h.Novas do Fisober
Fonte
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.
 
       
       
             
             
        
 
           
          