Tan só o Fisober de Autonómica saca algo positivo da xornada de fútbol sala feminino
07:04 30/11/10
Un empate e unha derrota foi o saldo dos equipos do Fisober esta fin de semana, por outra derrota por parte do Ponteceso FSF, que non podía sacar nada positivo do Pino. O Fisober B caia derrotado en Santa Comba ante o Viaxes Amarelle por 7-2, mentres que o equipo de Autonómica conseguia un meritorio empate ante o Cidade de Ourense, equipo filial do actual líder da División de Honor femenina.
Liga Provincial Feminina
Ponteceso FSF
Partido correspondente a la 9ª Xornada da liga Provincial Feminina, que enfrontou ó C.F.S.F. O Pino e ó Concello de Ponteceso, encontro disputado o sábado 27 de novembro no Pabillón C.P.I. O Pino, que finalizou co resultado de 6-0 a favor do equipo local.Datos do encontro
- Resultado: O Pino, 6 - Ponteceso, 0.
- Concello Ponteceso FSF: Salomé, Silvia, Iria, Chris e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron Ana, Martina e Tamara.
- Goles: 1-0 (min. 5) Laura. 2-0 (min. 12) Laura. 3-0 (min. 20) Laura. 4-0 (min. 23) Laura. 5-0 (min. 43) María. 6-0 (min. 48) Laura.
Fisober B
Datos do encontro
- Resultado: Viaxes Amarelle, 7 - Fisober B, 2.
- Fisober: Eva, Ylenia, Noelia, Mirella e María. Tamén xogaron: Lara e Andrea.
- Goles: 1-0: Maria; 2-0: Cruz; 3-0: Maria; 3-1: Ylenia; 4-1: Cruz; 5-1: María; 6-1: Cruz; 6-2: Noelia; 7-2: Cruz.
Liga Autonómica
Datos do encontro
- Resultado: Cidade de Ourense, 5 - Fisober Concello Vimianzo, 5.
- Fisober C. Vimianzo: Paula (p), Elsa, Patri, Ana e Andrea. Tamén xogaron: Noelia, Alba e Olalla.
- Goles: 0-1: Teresa; 1-1: Alba; 2-1: Patri; 2-2: Angela; 3-2: Cristina; 3-3: Ana; 4-3: Angela; 4-4: Patri; 4-5: Andrea; 5-5: Cristina.
Vindeira semana
- A próxima semana O Concello de Ponteceso recibe na casa ó Sobrado Xuv. Panadería Vázquez, xunto co Sada ó un dos mellores equipos da categoría o sábado 4 ás 17:00 horas no pabilón municipal de Ponteceso.
- Tamén na Liga Provincial, o Fisober B C. Vimianzo enfrontarase ó CFSF O Pino.
- Pola súa banda o Fisober C. Vimianzo da Liga Autonómica recibirá ó Leis Pontevedra, primer clasificado da Liga.
Fútbol 11 liga nacional
O Orzán de Barca Toba, Sara Vázquez e Eva Lago derrotaba ó León por 1-3, Barca e Sara xogaban todo o partido e Eva entraba no minuto 65. O terceiro gol era anotado pola xogadora muxiana Barca e con esta vitoria o equipo herculino rompe a mala xeira de resultados que levaba, xa que facia máis de un mes que non conseguían a vitoria. A vindeira semana recibirán no campo de A Torre ó Escuela Fútbol Mareo de Xixón.Fútbol sala división de prata
O Poio da muxiana Nuria Paz derrotaba ó ADAE Simancas de Madrid por 3-7, a xogadora de Quintans anotaba 1 goles e o equipo pontevedrés continua invicto no alto da clasificación e cas opción intactas para conseguir o ascenso a División de Honra. A competición na División de Plata sufrirá un parón nas vindeiras duas semanas debido a disputa do Mundial de fútbol sala femenino que tera lugar en Madrid desde o 6 ata o 12 de decembro.Máis información
Novas relacionadas
- A Liga de Fútbol Sala de Cee xa en QPC.
- Xornada fatídica para o fútbol sala feminino costeiro.
- O Fisober nota o salto de categoría.
Fonte
- Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS.