Un tropezo que non impide soñar co ascenso do Anorthosis
04 de febreiro de 2015 (07:18 h.)
Mala xornada para os equipos da familia Anorthosis. Esperábase máis do primeiro equipo, que volvía cun só punto dos dous partidos disputados en Ferrolterra, pero mantén as opcións de ascenso intactas.
O do Concello de Zas Aquacenit foi un valioso empate, se ben o equipo segue en postos de descenso que non deixará a menos que gañe o vindeiro fin de semana.
Xa na 2ª División Galega, derrotas dos noviños zaenses que seguen en proceso de formación.
3ª División Nacional – Grupo Norte
- Resultado: Ferroltera TM - Anorthosis Vimianzo (3-3) // (13-12).
- Resultado: Club Narón T.M - Anorthosis Vimianzo (5-1).
2ª División Galega – Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Breogán Oleiros "B" (3-3) // (12-11).
2ª División Galega – Grupo Centro
- Resultado: Concello Zas O Pinar - Arteal Ventanas "B" (2-4)
- Resultado: Liceo de Noia "E" - Construcciones Cernadas (5-1)
- Resultado: Liceo de Noia "D" - Construcciones Cernadas (6-0)
Vindeira xornada
Este sábado 7 de febreiro:
- Na Coruña 1ª división galega grupo centro:
- 16:00 h. Hípica Coruña - Concello de Zas Aquacenit; 18:00 h. SD Hípica - Concello de Zas Aquacenit. - En Zas 2ª división galega grupo centro:
- 16:00 h. Concello de Zas O Pinar - Guisseppe Anthony.
- 18:00 h. Construcciones Cernadas - Guisseppe Anthony.
Domingo 8 de febreiro as 11:00 h, no ximnasio do CPI de Zas 3ª división nacional: Anorthosis Vimianzo - CTM Ceibe de Monforte.
Novas relacionadas
Crónicas dsa temporada
- Zas foi o centro do tenis de mesa provincial.
- Dous empates e dous tropezos para a familia do tenis de mesa soneirá.
- O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar.
- O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza.
- Intensa xornada para a familia Anorthosis.
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.