O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar



Xornada completa para a familia do Anorthosis con boas novas en xeral. Empatiño do primeiro equipo en Cambre, primeira vitoria do Concello de Zas Aquacenit, empate e derrota dos da 2ª Galega e gran participación das mozas nunha das primeiras concentracións da tempada.
Ademais, Gonchu quedou pola semana 3º no Torneo de Oroso.
3ª División Nacional, Grupo Norte
- Resultado: Cambre TM - Anorthosis Vimianzo 3-3 (13 - 13)
Encontro moi igualado o que se disputou nas instalacións de Andeiro en Cambre, empatando a partidos (3-3) e a sets (13-13). Xa lle temían os xogadores soneiráns a este desprazamento, donde ningún equipo gañou, i é que os locais teñen a Edgar Prata que de momento e superior aos nosos (dos mellores xogadores do grupo, e so perdeu 2 partidos). Con eso os soneiráns foron concentrados e demostraron a fortaleza do equipo, pois a vitoria estivo moi cerca xa que Roi perdeu 3-2 e cun apretado 11-9 no 5º set.
1ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: CTM Coruña - Concello de Zas Aquacenit 2-4 (11-13)
Primeira vitoria do Concello de Zas Aquacenit e ante un dos equipos cos que se estará pelexando nas prazas de descenso. Esta primeira vitoria coincide tamén co primeiro partido que gaña Jesús Ferreiro en 1ª galega e fixoo no partido decisivo. Stevo cumpriu desta vez e a Chris Roy non lle senta nada ben xogar pola mañá de aí que gañase só un partido.
2ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Oroso Panadería Sigüeiro - Concello de Zas O Pinar 3-3 (14 -12)
- Resultado: Oroso Peluquería Tije - Concello de Zas O Pinar 4-2 (15-6)
- Resultado: Aluminios Xeal - AD Dubratambre 3-2 (11-9)
- Resultado: Aluminios Xeal - Monte Porreiro 3-1 (10 - 5)
- O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza.
- Intensa xornada para a familia Anorthosis.
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
- 2013/2014: Menos cantidade pero máis calidade no Torneo de tenis de mesa de Zas.
- 2013/2014: Moi bos os resultados da familia Anorthosis no Provincial de tenis de mesa.
- 2013/2014: A canteira do Anorthosis responde.
- 2013/2014: A familia Anorthosis pecha a temporada en familia e con vitorias.
- 2012/2013: O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- 2012/2013: O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- 2012/2013: A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
- Nota de prensa de Estevo Lema.
Só puido empatar un encontro os de Concello de Zas O Pinar e foi por non facer o xogo que demostran nos entrenamentos. Notouse sobre todo contra os veteranos (que xogan estáticos) e contra os máis peques (que de momento xogan plano) e os de Zas non souberon sobrepoñerse e facer o seu. Terán que mellorar os soneiráns moito en tódolos aspectos para vir satisfeitos dos seus partidos.
2ª División Nacional Feminina
Moi bo debut das novas xogadoras nesta liga femenina, que se xoga por concentracións, sendo esta primeira en Zas, a pesarde xogar nerviosas. Sobre todo moi ben nos dobres donde Laura Quintáns e Ana García estiveron máis coordinadas cas rivais.