Vimianzo ten canteira de arqueiros

Boa participación do clube vimiancés Dousporsetenta no VI Trofeo do Concello de Teo. A cita foi o pasado sábado no Pavillón Ezequiel Mosquera nunha competición de escolas pensada sobre todo para os nenos/as que están empezando neste deporte, aínda que tamén participan arqueiros máis experimentados.

Os rapaces da escola de tiro con arco Concello de Vimianzo&Dousxsetenta fixeron unha excelente competición acadando os primeiros posto en categoría Esquío (6 e 7 anos) e Benxamín masculino e feminino.

Foron un total de 9 arqueiros do club os que participaron na competición. Paula Vázquez, Paula Pérez (subcampiona en categoría esquío), Lara Carril, e Adrián Sampedro (subcampión en categoría benxamín masculino) estreábanse en competición con moi boas sensacións. O resto dos integrantes do equipo foron: Xabier Lemus, José Vázquez, Marcos Esperante (3º en categoría benxamín masculino), Laura Ramos (campiona en categoría benxamín feminina) e José María Lema (campión en categoría absoluta).

Novas relacionadas

Fonte

  • Información do Clube DousxSetenta.