Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os arqueiros de Baio e Vimianzo cólanse entre os mellores de Galicia

Os arqueiros de Baio e Vimianzo cólanse entre os mellores de Galicia
O baies Santi Soneira foi 3 na categoria Senior de Arco Desnudo

Gran participación dos arqueiros da comarca de Soneira no Campionato Galego de Tiro con Arco, celebrado o pasado 12 de xaneiro. Un Campionato no que participaron, nada menos que o melloriño do tiro con arco galego e Español. Víronse caras coñecidas como Iria Grandal, unha das dúas representantes españolas nas Olimpiadas de Londres 2012, ou o membro do equipo nacional Maikel Alvariño.

Entre eles coláronse varios membros das dúas familias de arqueiros de Soneira. Os vimianceses e baieses puideron celebrar o do 2º posto e subcampión galego veterán de Jose María Lema Sanz, do Clube Dous x Setenta, ademais do 3º posto do baés do Club Su a Agra, Santi Soneira.

Ademais dese podio de Santi Soneira na modalidade de Arco desnudo Categoria Senior Masculino, os seus compañeiros Jesús Lamas (4º) e Paulo Eiroa (8º) tiveron unha gran actuación. Mentres na modalidade de tradicional masculino Javier Villar, do Club Su a Agra, acadou un meritorio 17º posto; e na Olímpica, houbo boas posicións: En Junior, tamén estiveron os baieses de Su A Agra Damian Pardiñas (6º ) e Mario Blanco (8º); en Sénior, o vimiancés de DxS Martin López Paz (25º), Estanislao Garcia (38º) e o propio baiés Santi Soneira (41º)

Novas relacionadas

Fonte

  • Información do Clube Su A Agra.

Comentarios