Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte envía aos seus mellores xogadores de Dardos ao Campionato Galego

A Costa da Morte envía aos seus mellores xogadores de Dardos ao Campionato Galego
Javi, do Pindo, lanzando a diana no campionato galego de dardos do ano pasado

Existen os dardos da Costa da Morte. E a un nivelón ademais. Esta fin de semana dispútase en Padrón o Campionato Galego de Dardos, e aló estarán, sábado e domingo, un equipo carnotán na segunda división, e un xogador ceense no máximo nivel.

Equipo do Pindo

Equipo de Dardos Mar do Norte-Lamela do Pindo-Foto-Jorge Parri

O Equipo de dardos Mar do Norte- Lamela, do Pindo, o único clube federado en toda a bisbarra, estará no Restaurante Escala de Padrón durante toda a fin de semana. O equipo, habitual na Liga de Dardos de Cee, intentará chegar ao podio unha vez que o ano pasado quedaron na 4ª posición da súa categoría, a que correspondería á 2ª división dos dardos galegos.

Aí estarán os (de esquerda a dereita e arriba) Hugo, Marcote, Román e Javi, ademais de Casais e Diego León (abaixo).

Un ceense no máximo nivel

Pablo Caamaño Castro participará na máxima categoría dos dardos galegos

Pero non serán os únicos representantes en Padrón. Tamén estará no campionato Pablo Caamaño Castro, coñecido como Pablo Gurú, de Cee, que participa co equipo de Coruña, A Bola, estes ao máximo nivel afeccionado. De feito, Pablo xa foi campión galego e subcampión de España. O ano pasado quedou 3º en individuais, 2º por equipos de toda España e 4º no campionato europeo. Pablo cóntanos que ten estado en Las Vegas ou en Croacia lanzando á diana, pero recoñece que "desto non se vive. De feito moitas veces temos que poñer cartos, pero bueno, este ano tivemos algo de sorte e teño que agradecer o apoio da Clínica Sar e de Lar, e sobre todo, que valoren o que fago".

Este ano Pablo estará entre os mellores de Galicia e intentará levar o máximo galardón tamén por equipos. O máis importante, seguir animando á xente da Costa da Morte a que se anime a participar nun deporte de bar, como son os dardos.

Pablo Caamaño, á dereita, co seu equipo coruñés A Bola recollendo o título do ano pasado no Campionato Galego de Dardos

Fonte

Comentarios