Zas foi o centro do tenis de mesa provincial
A familia do tenis de mesa tivo unha fin de semana completa. Ademais das ligas, o sábado pasado 17 de xaneiro, tivo lugar no Pavillón de Zas a 1ª concentración escolar de tenis de mesa. Unha cita á que acodiron 85 nenos/as das comarcas de Soneira (Vimianzo e Zas), Xallas (Mazaricos), Noia (Noia, Cruceiro e Outes), Tambre (Portomouro e Bembibre) e Negreira (A Baña). Sumaron en total 34 equipos de dous, tres ou catro xogadores/as segundo o caso.
Esta concentración está dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia e contou coa colaboración do Concello de Zas e asimesmo coa de todos os participantes que fixeron desta concentración unha verdadeira festa do tenis de mesa.
Os resultados eran o de menos e os peques da volta xa pensan na seguinte concentración, que será o 18 de febreiro (mércores de cinza) e co mesmo horario que esta, de 15'30 a 19'00 h. Falta por decidir a sede aínda que con toda a probabilidade de ser outra vez en Zas.
As Ligas
Estes son os resultados dos encontros disputados este fin de semana do 17 e 18 de xaneiro de 2015.
3ª División Nacional - Grupo Norte
- Resultado: Anorthosis Vimianzo - Ferrolterra TM 4-2 (13-13)
Vitoria normal do Anorthosis pero máis apurada do previsto, pois non se pode un despistar o máis mínimo xa que calquer rival pode complicar os partidos, e sobre todo neste grupo donde todos, salvo 2 ou 3 xogadores estan a un nivel moi parello. Pero a fortaleza do Anorthosis está precisamente neso, no nivel mi similar entre os seus compoñentes, así se un xogador esta ese día baixo supleno os seus compañeiros. Moi ben Gonchu gañando os seus partidos, por un apretado 3-2, e que co partido que gañaron Miguel e Roi dou esta victoria que permite ao Anorthosis manterse na parte alta da táboa.
1ª División Galega - Grupo Centro
- Resultado: Cambre Promesas - Concello de Zas Aquacenit 4-2 (12-8)
En 1ª Galega esperaba o Concello de Zas Aquacenit traer algo positivo de Cambre pero non foi así, outra vez Stevo volveu a perder o seu último partido, pode que a cantidade de cousas na que se mete non o deixen centrar no xogo. Neste caso moi ben Chris Roy, gañou un e perdeu o outro.O equipo segue na parte baixa da clasificación ocupando postos de descenso.
2ª División Galega - Grupo Centro
- Resultado: Construcciones Cernadas - Concello de Zas O Pinar 1-5 (9-15)
En 2ª galega o encontro foi entre os dous equipos da casa e os "maiores" impuxeron a súa xerarquía e non se deixan pisar de momento polos máis novos. Vaise mellorando aínda que sexa lentamente.
Vindeira xornada
- Sábado 24 de xaneiro. En Noia 2ª división galega:
- 16'00 h. Liceo Noia "E" - Concello de Zas O Pinar.
- 18'00 h. Liceo Noia "D" - concello de Xas O Pinar.
- En Bembibre, 1ª división galega: 17'00 h. AD Dubratambre - Concello de Zas Aquacenit.
- En Pontevedra, concentración da Liga Femenina (2ª nacional).
- 17'00 h. Aluminios Xeal - Escola Cidade Narón.
- 18'30 h. Aluminios Xeal - Naron TM.
- Domingo 25 de xaneiro as 11 h. no ximnasio do CPI de Zas:
- Anorthosis Vimianzo - Afer Formación de Rábade.
- 16'00 h. Liceo Noia "E" - Concello de Zas O Pinar.
- 18'00 h. Liceo Noia "D" - concello de Xas O Pinar.
- En Bembibre, 1ª división galega: 17'00 h. AD Dubratambre - Concello de Zas Aquacenit.
- En Pontevedra, concentración da Liga Femenina (2ª nacional).
- 17'00 h. Aluminios Xeal - Escola Cidade Narón.
- 18'30 h. Aluminios Xeal - Naron TM.
- Anorthosis Vimianzo - Afer Formación de Rábade.
Tanto en 1ª galega coma na 3ª nacional empeza a 2ª volta.
Novas relacionadas
Crónicas dsa temporada
- Dous empates e dous tropezos para a familia do tenis de mesa soneirá.
- O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar.
- O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza.
- Intensa xornada para a familia Anorthosis.
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.