Dumbría invita a coñecer Alvarellos cunha andaina de natureza e patrimonio

 

Nova andaina no marco do proxecto #ExploraDumbría, que a través da actividade física, trata de dar a coñecer parte do patrimonio natural e cultural de Dumbría. A cita formulada para o vindeiro sábado 17 de maio, permitirá gozar de paraxes naturais e xoias arquitectónicas únicas arredor do río Albarellos, a través de toda a parroquia de Berdeogas.

A andaina, de dificulatade moderada e duns 15 km, terá un percorrido circular, con saída e chegada na praza de Berdeogas.

Desde a zona do Chan das Lagoas (o lugar máis elevado do concello é alto da Cruz, con 532 m de altitude), en días despexados, avístase practicamente toda a Costa da Morte, desde Malpica ata a Serra do Barbanza, o val de Soneira e a comarca do Xallas, ofrecendo tamén unha panorámica do encoro da Fervenza.Despois de pasar pola presa da Laxe, remataremos na carballeira de Berdeogas, na Devesa da Lúa, situada ao carón da igrexa parroquial, o castro e o conxunto etnográfico conformado pola casa reitoral, o cabazo e o pombal.

É imprescindible a inscrición a través deste formulario en liña.

Máis novas