O Modesto Patrimonio: A actual Igrexa Parroquial de Buxantes
Pouco se pode profundar na historia desta parroquia ao carecer de documentos antigos, xa que o arquivo parroquial xa non existe. Moitos dos datos dispoñibles proceden de D. Manuel Canosa Mouzo (q.e.p.d.), crego párroco que foi da parroquia de Coucieiro e gran investigador comarcal, que aproveitaba os seus desprazamentos a misas e funerais pola zona para visitar os arquivos parroquiais, que prestados levaba para o seu domicilio. Pena de non saber a onde foron parar todos estes documentos.
Sábese que a primitiva igrexa parroquial de Buxantes, quizais da época sueva, de planta rectangular, estaba situada no mesmo solar da actual, que todavía se conservan vestixios, e orientada de leste (altar) ao oeste a porta de entrada-saída. O seu campanario estaba separado a uns 100 m. ao oeste da igrexa, no montículo coñecido como Monte do Sino cunha altura de 301 m. sobre o nivel do mar.
Tamén sabemos que sobre o ano 1645 había un rico veciño no lugar de Anseán coñecido como A Casa de Maceiras (actual Casa do Torrado), fundador do Padroado de San Miguel, e unha filla deste veciño chamada Dominga Maceiras casou para o lugar da Filgueira con Tomás Quintáns Belo, que colaboraron moito no mantemento dos gastos relixiosos.
Estamos a falar dun período de moita relixiosidade e solemnidade. Os veciños colaboraban economicamente coas súas terras, herdanzas, gando solto polo monte, froitos agrícolas, que axudaban ao culto con misas, funerais, festas relixiosas, o alumeado con velas ou aceite para o Santísimo. Un exemplo témolo coa familia de apelido Agulleiro que, segundo un documento, di que o seu pai Domingo, xa falecido, deixou dúas propiedades: unha na Agra do Xestal e outra en Os Taleiros segundo a escritura de 1699. En 1752, Luisa González, veciña do lugar de O Castro, donou todos os seus bens raíces á Confraría de San Antonio, dedicando o seu produto para a lámpada da Capela do Santo. Puxo como condición acendela os días festivos sen que o seu produto se puidese empregar noutra cousa. Á súa morte sería enterrada nesta Capela. Por estas datas xa estaba en proxecto a construción dunha nova igrexa apoiada por veciños adiñeirados como os Maceiras de Anseán ou os Quintáns da Filgueira.
En 1746 veu para a parroquia de Buxantes un crego chamado Simón Sánchez Pulleiro, natural de Cangas, que tamén tiña outro irmán crego chamado Antonio. Sabemos que estivera anteriormente como Prior na Colexiata de Cangas durante os anos 1744 e 1745. Un documento do ano 1761 resúmeo así:
“Don Simón Sánchez Pulleiro, crego parroquial desta freguesía de San Pedro de Buxantes. A súa idade de sesenta anos, ten en compañía a Dominga de Ezara, de vinte e dous anos; Jacinta Romero, de vinte e catro anos; e Rosa dos Santos, de trinta e seis anos, todos criados solteiros ao seu servizo. Ten de facenda dous bois de dous anos, catro vacas de oito anos, dous xatos, dous porcos, sete colmeas e un muíño en O Vao de Areas”, que ainda existe restaurado.
Este crego foi o gran impulsor das obras desta nova igrexa. Incorporoulle ao proxecto unha nova obra coñecida como Capela de San Miguel, pagada con fondos da familia de Pedro Maceiras, chamada Capela do Torrado de Anseán. O diñeiro recadado para as obras procedía de doazóns, esmolas e vendas de fincas e animais libres polos montes. Vexamos algúns exemplos:
Elena Paz, moza solteira que morreu o 8 de maio de 1706, no testamento di: deixou todo o remanente dos seus bens mobles e raíces á Confraría de San Antonio despois de cumpridos os seus funerais, como consta no libro de mortos dese ano, folio 321 vuelto, con pensión dunha misa rezada.
- Outro documento di que no ano 1752, D. Simón Sánchez Pulleiro comprou unha propiedade a Domingo Pose, veciño do lugar de Martín, chamada Bao da Laxe, pola cal pagou 176 reais de vellón e, axustadas todas as contas, subiu a 200 reais e máis por escrito, copia, posesión e demais obrado que pasa ao seu poder. Leva sementadura de ferrado e medio e, aínda que o vendedor paga só un ferrado de centeo de renda, fíxolle graza por ser pobre. Esta propiedade e a súa renda son para axudar a mercar aceite para a lámpada do Santo, por ser a súa vontade, coa cal cedeu á dita Confraría a referida propiedade.
- Outro documento recolle os datos do Libro de Fábrica, onde estaban inventariados os obxectos valiosos que tiña a parroquia. O libro estaba custodiado por José Trillo, do lugar de Busto, e di que moitos destes obxectos foron adquiridos co diñeiro do crego e outros posteriores co diñeiro da fábrica.
As obras da nova igrexa comezan sobre o ano 1714 coa construción dunha pequena capela polo lateral norte cun retablo dedicado á Virxe coñecida como Virxe da Rúa, quizais por ser o lugar de entrada á igrexa. No muro oposto, lateral sur, estaba colgada unha Cruz. No ano 1720, nunha visita pastoral, o arcebispo de Santiago, Luís Salcedo, ordenou que para manter a estética do conxunto se construíse un retablo semellante ao do norte. Esta obra levouse a cabo en 1736, substituíndo a imaxe do Cristo pola da Nosa Señora da Concepción. Por este motivo creouse unha capelanía, sendo patroas Rosa de Busto, Domingo Pequena e Mª Oanes de Moraime, tendo de capelán a Simón de Sar, tamén de Moraime, o que creou moitos problemas parroquiais cando chegou o novo cura, en 1746, que toma posesión como crego parroquial Simón Sánchez Pulleiro. Por estas datas xa non vivía o arquitecto Domingo Andrade, aínda que se sospeita que influiu no proxecto da nova igrexa o algún discípulo seu. O novo crego toma a iniciativa nas obras: rompe o muro do lateral sur e constrúe unha capela coa advocación de San Antonio e colga unha lámpada de aceite, destinando 25 misas anuais polos defuntos da parroquia. Como previsor, no muro do lateral leste desta capela preparou un oco que sería a súa futura tumba. A continuación reconstrúe a Capela da Virxe da Rúa, semellante á de San Antonio, co nome de Sagrada Familia, unindo as dúas mediante unha bóveda e deixando no centro un gancho para unha lámpada de aceite para o Santísimo. Con estas obras transfórmase a planta rectangular en planta de Cruz Latina. Reconstrúense as fachadas laterais de cantería, unindo a Capela do Torrado, a Pía Bautismal polo lateral sur e finalmente a tribuna. Por último, a construción da Torre, cunha altura de 21,3 m, semellante á do Reloxo de Santiago. Para rematar, nivelouse o piso con enlousado para os enterramentos dentro da igrexa, finalizando a obra en 1759.
Como vedes, este cura logrou construir unha igrexa parroquial con arquitectura moderna, e admirada en toda a comarca. No seu proxecto deixou construída, no muro do lateral este a súa propia tumba que co paso dos anos, quedou no olvido. Non estaría mal que os fregreses o recordáramos colocándolle unha placa nun lugar destacado.
Patrimonio Pindexo
- A Casa da Pedra do Ézaro
- O Modesto Patrimonio: A Ruta do Cadoiro.
- O Modesto Patrimonio: A Cova do Rego do Crego
- O Modesto Patrimonio: Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”
- Lugar da Grixa de Dumbría
- Falando do tempo na parroquia de Buxantes
- A Capela de San Marcos do Hospital
- As pozas do Carboal de Buxantes
- Dumbría, Territorio VAKNER
- O Topónimo da parroquia “Buxantes"
- Os muíños do Rego de Quenxe en Corcubión
- O Cruceiro de Rebordelo (Salgueiros de Dumbría)
- A Capela do Torrado na igrexa de Buxantes
- Monumentos megalíticos en Dumbría
- Lugar de Figueroa de Buxantes.
- Historia dos lugares da parroquia de Buxantes.
- Buxantes. Recordando os tempos pasados
- A Devesa do Anllares (Arcos)
- As cancelas do lugar do Ézaro. De mediados do 1800 aos finais do 1900
- O río Castro nas imaxes de satélite modernas
- Penas Sacras polo territorio de Dumbría.
- O Marco do Couto e O Vakner no concello de Dumbría.
- A primitiva capela de San Antoniño de Brens.
- O Calendario dos artegos.
- A pedra do Encanto de Olveiroa.
- Os muíños fariñeiros en Dumbría.
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.