O Modesto Patrimonio: O Castro de Alvarellos de Berdeogas
Así lle chaman a unha elevación pedregosa con forma de castro a un monte situado a uns 350 m. ó leste do lugar de Alvarellos da parroquia de Berdeogas. A pendente máis forte está no lateral oeste cun 40 % e a parte máis elevada está a 379 m. sobre o nivel do mar. Visto desde lonxe parece unha “berruga” pétrea cun material rochoso coñecido polos lugareños como “pedra ferreña”.
Cabe pensar que hai uns centos de millóns de anos o magma interno da terra “eruptou” ó exterior esta pequena berruga pétrea. Na cima existe unha planicie pedregosa duns 80 m. de largo por 50 m. de ancho e lixeiramente inclinada cara ó oeste deixando ó descuberto, en parte, liñas en dirección N-O e S-E dos filóns rochosos. A parte máis alta localízase nas coordenadas UTM (29ED50) X = 493764; Y = 4763647.
Salvo o lateral sur con apenas pendente, o restante está cubertos con grandes batolitos formando escalóns. Non se encontran signos externos da manipulación do terreo por civilizacións primitivas, polo que cabe pensar que o nome do castro é pola forma externa semellante a un poboado da cultura castreña, salvo que fora usado como un primitivo lugar de culto.
Os lugareños dín que na cima deste pedregal están gravados as ferraduras do Cabalo de Santiago Apóstolo, patrón da parroquia de Berdeogas. Eu non logréi encontralas.
Imaxe aerea do Castro de Alvarellos-Dumbria Castro de Alvarellos-Dumbria-Foto-Modesto Garcia Quintns- Modesto García Quintáns.
O Modesto Patrimonio
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- O Modesto Patrimonio: Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).