Dumbría reúne ás Cantareiras de Berdeogas polas Letras Galegas

Onte, 20 de maio, cumpríase o 4º aniversario do pasamento da señora Estrela. Estrela García Caamaño, de Regoelle (Olveira), foi unha das mulleres que foi gravada por Dorothé Schubarth e que serviu de informante no xa mítico Cancioneiro Popular Galego, creado pola investigadora suiza e o universitario Antón Santamarina.

E no marco desta longa celebración das Letras Galegas, e para non solapar os eventos oficiais acontecidos a pasada fin de semana, o Concello de Dumbría celebrará este vindeiro domingo 25, ás 18:30 horas, na Casa Cultural de Berdeogas, o seu acto Acto de homenaxe ás Cantareiras.

Participará o grupo 𝐃𝐞𝐯𝐞𝐬𝐚 𝐝𝐚 𝐋𝐮́𝐚, un grupo de mulleres maiores da parroquia de Berdeogas que volveron xuntarse para cantar, despois de 15 anos con motivo da celebración desta actividade.

Tamén estarán as 𝗖𝗮𝗻𝘁𝗮𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮𝘀 da Asociación Fonte Santa, os 𝐆𝐚𝐢𝐭𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐁𝐮𝐱𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬 e a regueifeira de Bergantiños, 𝐋𝐮𝐩𝐞 𝐁𝐥𝐚𝐧𝐜𝐨.

Máis novas